Cales son os principais retos derivados do proceso de dixitalización das empresas? En plena transformación dixital, son moitas as solucións, visións estratéxicas e tendencias que buscan darlles resposta ás necesidades que vos atopades no novo panorama dixital.
Para analizar con detalle este escenario, en R vimos de celebrar en formato virtual a 'Semana das tendencias TIC do futuro: unha sesión, unha solución, unha tendencia'. Ao longo de cinco xornadas, expertos/as de Fortinet, VMware, Cisco, Microsoft e Citrix mantiveron encontros en liña interactivos, dende os seus propios postos, con responsables de empresas para abordar temas como a seguridade para a transformación dixital, as comunicacións converxentes ou a experiencia de usuario, compartindo a súa visión estratéxica para a toma de decisións e adiantando algún dos retos tecnolóxicos da presente década e das que están por vir.
Javier Carranza, Sales Team Leader de Fortinet, inaugurou o encontro o luns 7 de xuño cunha charla na que mostrou como vos debedes protexer as empresas para abordar os desafíos do futuro. En Fortinet crearon un marco de traballo para a protección de ameazas baseado na integración e na automatización das solucións de ciberseguridade dirixidas a protexer os diferentes vectores de ataque.
O martes 8, o arquitecto de solucións para provedores de cloud de VMware Iberia, Carlos Sen, abordou como incorporar capacidades tecnolóxicas minimizando riscos e investimento, resaltando a importancia do multicloud, que permite axustar as innovacións de forma non disruptiva en procesos nin en políticas, en modo eficiente de consumo e con flexibilidade para adaptarse ás necesidades particulares de cada empresa.
Co título 'A seguridade no cambio ao posto de traballo híbrido', María García Iñañez, especialista en Seguridade de Vendas para o sur de Europa de Cisco, descubriunos como fortalecer a seguridade dende calquera lugar e como a seguridade se traslada á nube. Falou dos usos e vantaxes de SASE, unha arquitectura de seguridade que establece as conversións das tecnoloxías de seguridade e de conectividade de rede nunha plataforma proporcionada a través da nube.
O xoves 10 de xuño, Nacho Sánchez-Beato, técnico de Microsoft, lembrounos como o rendemento económico de cada negocio se vai definir pola rapidez e a adaptación á transformación dixital, como pode ser unha eficiente identificación dos medios de comunicación ante unha necesidade de resposta urxente ou cando se traballa en remoto, profundado tamén nas novas funcionalidades de Teams.
Sobre a vantaxe competitiva das organizacións cando facultan aos seus equipos as facilidades para poder traballar dende calquera espazo e con calquera dispositivo versou a última charla desta semana das TIC, impartida polo Field Sales Manager de Citrix, Carlos Moliner. Resaltou que a día de hoxe dous de cada tres responsables de TI impulsan o movemento a cloud e lles deu resposta aos gaps das empresas á hora de abordar o teletraballo, unha tendencia na que a nube xoga un papel determinante.
Esta 'Semana das tendencias TIC do futuro: unha sesión, unha solución, unha tendencia' desenvolveuse no edificio virtual de R e do Grupo Euskaltel 'The Tech Experience', lugar de reflexión sobre o universo dixital e oportunidades para os negocios.
En R, como asesor tecnolóxico integral, continuamos acompañándovos ás empresas nos vosos procesos de dixitalización para que sigades sendo competitivas a todos os niveis e en calquera escenario do mundo.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co noso equipo da área comercial empresas.