A toda máquina chegaralle o final da súa vida útil. Que facer, nese momento, con toda a información que nela se foi gardando e almacenando ao longo dos anos?. En situacións como esta, sen dúbida que as comunicacións Máquina a Máquina, coñecidas como solucións M2M, son unha grande opción.
As Plataformas M2M baséanse no intercambio de datos entre dúas máquinas remotas. A día de hoxe, millóns de máquinas xa se están comunicando entre si, e a finais deste ano estímase que serán billóns as comunicacións deste tipo en todo o mundo. Son moitas as aplicacións e sectores nos que xa se implementou, dende o tráfico, o medio ou a telemedicina.
En R dispoñemos dunha solución M2M pensada para as empresas que demandedes ou ofrezades servizos de sensorización móbil ou xestión remota das máquinas baseada en conectividade móbil.
Que se necesita para poñer en marcha unha contorna M2M?
- En primeiro lugar, máquinas que poidan xestionar a información entre elas.
- Dispositivos M2M que se conectan a unha máquina remota e provén de comunicación ao servidor.
- Tarxetas SIM M2M que funcionan de ligazón no proceso, ademais de minimizar instalacións e custos.
- Un servidor que xestiona o envío e a recepción da información.
- A rede de comunicación, por cable ou a través de redes sen fíos.
A solución de R permite que o cliente se dote de tarxetas SIM M2M específicas, tantas como queira, para o seu uso nesa contorna cumprindo sempre a normativa vixente en canto ao uso do rango de numeración a 13 díxitos designado para eses fins.
O cliente pode, ademais, elixir entre diversas configuracións de direccionamiento público e privado a que mellor se adapte á súa necesidade, e dispón sempre dunha consola web que lle permite visualizar e xestionar o seu servizo dunha maneira sinxela, cómoda e funcional.
Características da Plataforma M2M
- É unha plataforma de xestión de liñas e dispositivos á que se pode acceder a través da web de clientes de R ou directamente na URL: https://m2m.mundo-r.com.
- Xestión e inventario de dispositivos e liñas M2M.
- Información detallada de cada liña: número MSISDN, ICCid, IP, APN, usuario, clave e bono de datos asociado.
- Xestión de grupos.
- Gráficas co histórico de consumo de datos por liña ou grupo.
- Flexibilidade no modelo de servizo; é dicir, pódese optar por unha liña M2M de datos individual con distintos volumes de datos asociados a cada liña ou por unha liña M2M de datos consolidados na que o volume de datos compártese entre todas as liñas que se asocien ao bono. Ademais, a cota de liña decrece a medida que se contratan máis liñas.
- Cada liña inclúe 50 SMS ao mes.
- Solución con APN xenérico.
- Asignación de direccionamiento IP privado e asignación de IP pública fixa ou dinámica.
- Compatible con roaming internacional no Espazo Económico Europeo (UE, Noruega, Islandia e Liechtenstein).
En definitiva, os servizos M2M permítennos axilizar as comunicacións entre as nosas máquinas de forma telemática e autónoma, aforrando tempo e esforzo.
O futuro pasa pola dixitalización e a interconexión de datos e información, e as contornas M2M poden converterse nas nosas mellores aliadas para un exitoso proceso de dixitalización centrado no intercambio de datos e información.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións M2M, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co equipo da área Comercial Empresas.