Durante o 2018 en Galicia detectáronse unha media diaria de2.820 ataques a equipos ou redes informáticas. Si, estás a ler ben,trátase do número de ciberataques sufridos durante cada 24 horas, nondos datos acumulados ao final de todo o ano.

Son cifras ofrecidas polo Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), que recollían os xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña.Dese xeito, Galicia é a sexta comunidade con maior número de problemasde seguridade, roubo de información e intrusións informáticas.

Por provincias e cidades

Analizando os datos por provincias, extráese que Pontevedra e ACoruña son as que máis casos rexistran con este tipo de problemas deseguridade. En concreto, na Coruña hai unha medida diaria de 1.115 dedispositivos ou redes informáticas afectadas, mentres que en Pontevedrase contabilizaron preto de 1.000 ciberataques, arredor do 35% de todosos que se produciron na nosa comunidade. Pola súa banda, Ourense e Lugosufriron máis de 300 incidencias de seguridade informática cada xornada.

A nivel de cidades, Vigo concentra “un 30% de medio de todos losactivos tecnológicos con problemas de seguridad detectados en losconcellos gallegos”, segundo salienta o Faro de Vigo. A continuaciónsitúase a cidade herculina, co 20% das vítimas de virus, estafas esecuestros de información, mentres que Ourense, Santiago e Lugo teñen o10%.

Riscos

O Instituto Nacional de Ciberseguridad pon á disposición de calquera usuario unha ferramenta gratuítaque che permite coñecer o “estado en seguridade da información, queriscos ameazan o funcionamento da empresa e que aspectos debe mellorar”.

Do que se trata é de analizar os posibles riscos que supoñen osordenadores, teléfonos móbiles, tabletas, servidores, bases de datos ouliñas de comunicacións de cada negocio. Moitos usuarios non teñen enconta estes aspectos nin pensaron en “que ocorrería na súa empresa se,de súpeto, perdese a información do seu negocio ou a capacidade deacceder a ela”, sinalan en INCIBE.

empresa

tranquilidade R

Cada empresa debe buscar a solución ideal para o seu negocio. En R contamos cun sistema moi completo de seguridade para ata 5 dispositivos: portátiles, smartphones, tabletas…

En tranquilidade R, por 3,9€+IVE/mesofrecemos protección inmediata e efectiva contra ameazas coñecidas edescoñecidas, control de dispositivos que permite bloquear memorias USB,discos duros extraíbles, etc. para evitar fugas de información, unhaxestión centralizada na que só é preciso un navegador para xestionar aprotección antivirus e firewall de maneira centralizada paratodos os PCs, servidores e portátiles da empresa e todo dende a nube,minimizando así o investimento necesario.

Con calquera dúbida, coma sempre, quedamos por aquí á túa disposición.

Un saúdo!

Imaxes de Markus Spiske e de rawpixel