Durante o 2018 en Galicia detectáronse unha media diaria de 2.820 ataques a equipos ou redes informáticas. Si, estás a ler ben, trátase do número de ciberataques sufridos durante cada 24 horas, non dos datos acumulados ao final de todo o ano.
Son cifras ofrecidas polo Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), que recollían os xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña. Dese xeito, Galicia é a sexta comunidade con maior número de problemas de seguridade, roubo de información e intrusións informáticas.
Por provincias e cidades
Analizando os datos por provincias, extráese que Pontevedra e A Coruña son as que máis casos rexistran con este tipo de problemas de seguridade. En concreto, na Coruña hai unha medida diaria de 1.115 de dispositivos ou redes informáticas afectadas, mentres que en Pontevedra se contabilizaron preto de 1.000 ciberataques, arredor do 35% de todos os que se produciron na nosa comunidade. Pola súa banda, Ourense e Lugo sufriron máis de 300 incidencias de seguridade informática cada xornada.
A nivel de cidades, Vigo concentra “un 30% de medio de todos los activos tecnológicos con problemas de seguridad detectados en los concellos gallegos”, segundo salienta o Faro de Vigo. A continuación sitúase a cidade herculina, co 20% das vítimas de virus, estafas e secuestros de información, mentres que Ourense, Santiago e Lugo teñen o 10%.
Riscos
O Instituto Nacional de Ciberseguridad pon á disposición de calquera usuario unha ferramenta gratuíta que che permite coñecer o “estado en seguridade da información, que riscos ameazan o funcionamento da empresa e que aspectos debe mellorar”.
Do que se trata é de analizar os posibles riscos que supoñen os ordenadores, teléfonos móbiles, tabletas, servidores, bases de datos ou liñas de comunicacións de cada negocio. Moitos usuarios non teñen en conta estes aspectos nin pensaron en “que ocorrería na súa empresa se, de súpeto, perdese a información do seu negocio ou a capacidade de acceder a ela”, sinalan en INCIBE.
tranquilidade R
Cada empresa debe buscar a solución ideal para o seu negocio. En R contamos cun sistema moi completo de seguridade para ata 5 dispositivos: portátiles, smartphones, tabletas...
En tranquilidade R, por 3,9€+IVE/mes ofrecemos protección inmediata e efectiva contra ameazas coñecidas e descoñecidas, control de dispositivos que permite bloquear memorias USB, discos duros extraíbles, etc. para evitar fugas de información, unha xestión centralizada na que só é preciso un navegador para xestionar a protección antivirus e firewall de maneira centralizada para todos os PCs, servidores e portátiles da empresa e todo dende a nube, minimizando así o investimento necesario.
Con calquera dúbida, coma sempre, quedamos por aquí á túa disposición.
Un saúdo!
Imaxes de Markus Spiske e de rawpixel