Ao longo do ano seguramente tes que realizar varias viaxes de negocios para reunirte con clientes, provedores ou para buscar novos nichos de mercado. Por unha banda, son unha oportunidade para facer networking e coñecer novos lugares pero, pola outra, o cansazo e os cambios horarios dificultan máis que desempeñes o teu traballo noutro lugar do mundo.

Apps para facilitar as túas viaxes de negocios

Hoxe en día existen diferentes apps que foron deseñadas para que saques o máximo partido ás túas viaxes de negocios, porque non todo vai ser traballar. Estas apps axudarante, entre outras moitas cousas, a atopar redes wifi gratuítas, a localizar os mellores restaurantes da zona na que estás, a comunicarte no idioma de cada país… E todo dende o teu móbilR.

  • Log me in

Cando a túa viaxe é por traballo normalmente levas o teu portátil ou tablet para poder traballar con todos os teus arquivos e conectarte á VPN da túa compañía. Pero nalgunhas ocasións poida que non teñas o teu portátil preto e necesites algúns dos teus documentos, para iso podes utilizar a app Log me in que che permite acceder a través de control remoto a calquera computador a través do teu móbil ou calquera outro dispositivo desde calquera lugar do mundo. Trátase dunha app de pago, ten un custo de 195 euros ao ano, aínda que ten unha versión gratuíta de 15 días para poder probala.

Dispoñible para Android e iOs.

  • Tripit

Unha das apps máis utilizadas nas viaxes de negocios é Tripit, xa que permite almacenar toda a información da viaxe, voos, hoteis, datas e horas de reunións, etc. sincronizándoo todo co teu calendario e correo electrónico. É gratuíta.

Dispoñible para Android e iOs.

  • Airbnb

Á hora de buscar aloxamento, prefires afastarte do típicos hoteis e estar en lugares máis relaxados? Pois aquí tes a solución, Airbnb a app máis de moda nestes momentos na que están dispoñibles todo tipo de aloxamentos, para todos os petos. Ademais, na súa web tes unha sección específica para viaxes de negocios.A app é tamén gratuíta.

Dispoñible para Android e iOs.

  • CityMaps2 Go

Cando chegas a un sitio que non coñeces é necesario ter un mapa actualizado para poder orientarche e moverte. CityMaps2 Go permite que teñas mapas actualizados dispoñibles aínda que non teñas conexión a internet e tamén pon á túa disposición varias guías de viaxe que podes descargar. Todo de forma gratuíta.

Dispoñible para Android e iOs.

  • Wi-Fi Finder

O wifi é o máis desexado cando se viaxa a outro país, é o primeiro que se fai ao poñer un pé en terras estranxeiras. Existe unha app gratuíta que atopa todas as redes wifi que están preto de ti en 140 países, chámase Wi-Fi Finder.

Dispoñible para Android e iOs.

  • iTranslate

Unha vez que te asentaches e xa tes conexión wifi podes empezar a socializarte coas persoas dese novo lugar, pero décheste conta que non controlas moi ben o seu idioma. Non te preocupes, podes botar man de iTranslate que traduce a máis 90 idiomas, entre as súas funcionalidades destacan a posibilidade de gardar as preguntas ou expresións máis utilizadas e de converter un texto en notas de voz. É gratuíta.

Dispoñible para Android e iOs.

  • XE Currency

Cando chegue a hora de pagar unha cervexa ou unha cea hai que ter mil ollos para que non haxa problemas co cambio de moeda. Para este tipo de situacións tamén existe unha app gratuíta, XE Currency que permite converter calquera divisa co valor vixente nese momento.

Dispoñible para Android e iOs.

Con estas apps seguramente as túas viaxes de negocios serán máis produtivos, pero se buscas pola rede atoparás moitas máis que nunca te imaxinarías e que facilitarán a túa viaxe.

Algúns consellos para as túas viaxes de negocio

  1. Viaxa lixeiro para non esperar longas colas e non cansar as túas costas. Así que xa sabes, leva equipaxe de man.
  2. Aproveita para traballar desde o teu móbil entre reunión e reunión. Con estas apps podes traballar desde o teu móbil e optimizar o teu tempo cando esteas de viaxe.
  3. Se podes, leva un acompañante. A túa compañía terá que asumir os seus propios gastos, pero pagará a pena se o destino vos apetece aos dous.
  4. E se viaxas só, aproveita para levar un bo libro ou a túa tablet para continuar vendo a túa serie favorita ou esas pelis que tes pendentes.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

imaxe de unsplash.com/@kalvisuals