A tecnoloxía ten un efecto de dobre fío cando a aplicamos ao traballo. Axúdanos a ser máis produtivos, pero ao mesmo tempo tamén nos dá a oportunidade de dispersarnos grazas á cantidade de tarefas que podemos realizar ao mesmo tempo.
A quen non lle custa mirar continuamente o correo mentres estamos a realizar outro traballo? Cantas veces consultas WhatsApp durante unha reunión? E Facebook? Fagamos unha discreta paréntese neste tipo de tarefas “sociais” porque o que queremos é axudarte a ser máis produtivo no teu día a día. Para que o consigas reunimos catro aplicacións de produtividade que debes incorporar xa no teu negocio.
Catro aplicacións de produtividade imprescindibles
Evernote
É quizais a aplicación de organización de traballo máis popular porque o seu uso xeneralizouse no ámbito persoal. Se estás habituado a utilizala na túa vida privada, aproveita o teu coñecemento e non renuncies a ela no traballo. Se xa coñeces a súa interface, sera máis fácil incorporala no ámbito laboral. Evernote é multidispositivo, o que permite utilizala tanto na casa como no traballo ou durante as túas viaxes.
O máis importante, para que serve? Evernote é un espazo virtual de traballo, e o mellor é que podes levar contigo ese caderno dixital alí onde vaias. Podes crear listas de tarefas, notas, gardar URL, sacar fotos de algo que lembrar e arquivalas, falar cos teus compañeiros de traballo. E o mellor é que despois saberás onde atopar todo grazas ao seu potente buscador. Se vas traballar con Evernote, recomendámosche a versión Premium para empresas.
Ademais de máis capacidade de almacenamento, poderás converter as túas notas en vistosas presentacións de forma automática. Dispón ademais dunha funcionalidade para escanear e dixitalizar tarxetas de visita e permite reenviar correos a Evernote que queiras destacar ou non esquecer. Quedaches convencido?
Trello
É unha completa aplicación que disparará a produtividade na túa oficina. Está pensada para organizar o traballo en equipos de tamaño medio ou grande, pero tamén é útil se traballas desde casa e precisas coordinarte cos teus compañeiros. Trello distribúe o traballo por taboleiros intuitivos, onde colocarás listas con tarxetas (tarefas) que poderás intercambiar. Podes convidar as túas tarxetas ás persoas que queiras, achegar arquivos, facer comentarios, crear checklist, poñer datas límite. E o que é mellor, podes movelo todo adaptándoo ao fluxo de traballo con só arrastrar. Trello tamén ten unha versión Business Class para empresas que esixan controis administrativos e unha maior seguridade. Como no caso de Evernote, Trello tamén funciona en calquera dispositivo, e toda a túa información estará sincronizada.
Post-it Plus
É unha aplicación complementaria. Só con ela non organizarás todo o teu traballo, pero poñerás un punto de creatividade no teu negocio. Esta aplicación de Post-it permite facer briefings máis creativos. Despois dunha reunión de traballo, seguro que todos tomáchedes notas de ideas, outros apuntáchedes no encerado. Como reunir toda esa tormenta de propostas? Con esta aplicación gratuíta podes capturar e dixitalizar os post-it e reorganizalos. Dalle sentido ás propostas de cada un e despois compárteo facilmente co teu equipo.
Google Drive
É a aplicación colaborativa por excelencia. Este servizo de Google permíteche compartir arquivos de calquera tipo e traballar en documentos de maneira conxunta. A gran vantaxe, ademais de ser gratuíta, é que todo o mundo a coñece e ten acceso a ela; o que a converte nunha aplicación ideal para traballar con outras compañías. Permite utilizar follas de cálculo, crear permisos con diferente nivel de acceso aos documentos, ademais de estar totalmente sincronizado cos servizos de Google. Podes directamente almacenar un adxunto dun correo de Gmail ou copias de seguridade de fotos de Google Fotos. Outra das súas funcionalidades máis destacadas é a de escanear e gardar directamente como pdf facturas ou tickets.
Se che interesou este post, xa tes unha URL e unha lista de aplicacións que apuntar, o material perfecto para empezar a utilizar algún dos servizos que propoñemos e mellorar a túa produtividade. Non hai tempo que perder!