O vindeiro 31 de maio o Círculo de Empresarios de Galicia, en colaboración con R, levará a cabo un almorzo sobre Office 365 e a súa aplicación nas empresas.
Office 365, ademais de ser un conxunto de ferramentas ofimáticas, é unha solución de traballo colaborativo que te axudará a mellorar a produtividade da túa empresa ou negocio.
Se desexas aprender todas as claves do Office 365 da man de expertos do tema, bule, e anótate na web do Círculo de Empresarios de Galicia.
Trátase dun evento gratuíto que se celebrará o xoves 31 de maio ás 09:00 horas na sede do Círculo de Empresarios de Galicia na Avenida García Barbón, 62 de Vigo.
Os expertos
José Manuel García, responsable de produto Datacenter no Grupo Euskaltel, ademais é todo un experto no Office 365.
Por outra banda, tamén asistirá Francisco Javier Castillo Luque, Partner Technology Strategist de Microsoft, que é dos que máis sabe do mundo mundial sobre Office 365 e Azure. Esta última aplicación ofréceche a posibilidade de aloxar a túa información nun datacenter próximo á túa empresa.
O dito, podes anotarte gratis na web do Círculo de Empresarios de Galicia.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
imaxe de unsplash.com/@c_reel