Que está a demandar o/a cliente/a. É unha das preguntas máis importantes e tamén máis difíciles de responder que vos facedes as empresas. E a Intelixencia Artificial converteuse na mellor ferramenta para lle dar respostas.
Para coñecer con detalle as posibilidades da Intelixencia Artificial (IA) profundando no coñecemento das inquietudes e preferencias dos/as clientes/as, R organizou recentemente o almorzo dixital 'Mellora a túa relación e o coñecemento do/da teu/túa cliente/a coa IA'.
A premisa do encontro era sinxela: os sistemas e procesos baseados en IA permiten mellorar as relacións da empresa cos/coas destinatarios/as dos seus produtos e servizos, coñecelos/as máis a fondo e, en consecuencia, perfeccionar toda a cadea de valor. O resultado final adáptase moito máis, en cada momento, a esas necesidades do/da cliente/a, as vendas melloran, e a rendibilidade e beneficios da empresa, tamén.
Porque obter valor da información que conteñen os datos permite tomar decisións de forma máis eficiente e efectiva, aliñando as accións de distinta índole (estratéxica, operativa, táctica) para maximizar, neste caso, a satisfacción dos/as vosos/as clientes/as.
Precisamente este punto é algo máis habitual nas empresas, pois a toma de decisións son cada vez máis Data Driven, é dicir, apoiadas en datos e, se imos un pouco máis aló, en conclusións ou resultados obtidos a través da analítica preditiva/intelixencia artificial.
Así, o obxectivo fundamental deste almorzo foi mostrar a potencia e a utilidade da intelixencia artificial en xeral e, concretamente, do Machine Learning ou aprendizaxe automática automatizada.
Para lle tirar proveito a esas tecnoloxías, R apóiase na plataforma DataRobot, que simplifica todo o proceso de preparación e creación de variables, modelización e mesmo a parte referente ao despregamento, consumo e control en remoto dos servizos para obter as predicións.
Cales son os pasos seguidos en DataRobot?
- Carga de datos
- Análise exploratoria de datos
- 'Modelización'
- Avaliación e análise dos modelos
- Análise das variables relevantes
Unha serie de tarefas coas que se responde a cuestións como a posible taxa de abandono identificando, por exemplo, que clientes/as están en risco de irse á competencia, e a súa propensión á compra. Ademais, permite elaborar de forma máis detallada e acertada unha estratexia de vendas e unha adecuada segmentación de clientes segundo as súas características.
E non debemos esquecer o feedback ou retorno dos/as consumidores/as; é dicir, esa información posterior que lle devolven ao negocio sobre a súa experiencia de cliente/a. É un activo moi importante que, unido ás características dos produtos ou servizos adquiridos, permitiranos pescudar cales son os seus gustos, preferencias e necesidades.
Este almorzo dixital 'Mellora a túa relación e o coñecemento do/a teu/túa cliente/a coa IA' deixou patente que a Intelixencia Artificial é o compoñente perfecto para seguir avanzando no día a día das empresas, máis no período postpandémico cargado de retos e novos desafíos que vimos de comezar e no que a información é cada vez máis ampla e valiosa.
Pincha aquí se queres volver ver o almozo dixital 'Mellora a túa relación e coñecemento do/a teu/túa cliente/a coa IA':
Pola nosa banda, en R axudamos ás empresas de calquera tamaño a xerar valor de negocio utilizando as mellores prácticas de IA a través do noso equipo especializado BAI Analytics.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.