nesta sesión falaremos da evolución das redes sen fíos, cunha aproximación realista ao estado da tecnoloxía 5G, analizando o seu potencial como dinamizadora de novos casos de uso especialmente en contornas empresariais, a aparición de novos modelos de negocio baseados nas súas capacidades e a situación actual do ecosistema da empresa.
abordaremos tamén outra evolución tecnolóxica de interese no mundo das empresas, SDWAN, e preguntarémonos en que medida e en que casos concretos esta tecnoloxía lle pode achegar valor real ás nosas organizacións.
relatores:
Javier Franco, xerente de produto e solucións de R e do Grupo Euskaltel
Pedro Herbello, responsable produto B2B servizos de voz de R e Grupo Euskaltel
data e hora celebración: xoves, 10 de decembro ás 09:30 h.