En R somos activistas rurais. Queremos poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas, do campo, da industria agroalimentaria e da sostibilidade e facilitar que o rural estea en igualdade de condicións para competir, medrar e liderar.
No recente "III Foro Activistas por un futuro rural", promovido por LENCE (Grupo Leche Rio S.A.), reflexionouse sobre como cada actor pode contribuír a un rural vivo, competitivo e sostible, dende a administración ata a distribución, pasando polo sector primario e a industria. O director de R e de MasOrange en Galicia, Alfredo Ramos, explicou como pode a dixitalización e o acceso a infraestruturas de telecomunicacións transformar a vida no rural e facelo máis atractivo para vivir e emprender.
Neste foro presentouse a primeira edición do Observatorio "Activistas del Rural"; unha mirada aos desafíos e retos aos que se enfronta o mundo rural e tamén ao seu potencial e ás oportunidades estratéxicas conleva, sempre coa tecnoloxía como apoio fundamental.
Como fixar poboación no rural? Conectividade e teletraballo
Entre 2014 e 2023 a poboación rural diminuíu en Galicia un 4,4%, fronte a un aumento nacional do 2,6%. Con todo, en 2023 a tendencia cambiou e contabilizouse tamén na nosa terra un repunte demográfico por encima das 55.000 persoas.
A que se debe? A pandemia transformou os padróns de traballo, impulsando o teletraballo e xerando un renovado interese pola vida rural. O 23% de profesionais que poden teletraballar considera seriamente trasladarse a contornas rurais nos próximos anos, segundo un estudo da Fundación "Española Vacía". E esta tendencia comezou a materializarse, protagonizada principalmente por profesionais de entre 30 e 45 anos.
Neste sentido, a conectividade dixital segue sendo un dos principais problemas para o desenvolvemento rural nunha sociedade cada día máis conectada e dixitalizada. Mentres que nas zonas urbanas a cobertura de banda ancha ultrarrápida alcanza o 95,8%, na contorna rural esta cifra redúcese ao 71,9%.
Esta fenda non só lle afecta ao acceso a internet senón tamén á calidade e estabilidade da conexión, claves para o teletraballo, a teleformación ou a telemedicina. O 38% dos fogares rurais reporta interrupcións frecuentes no seu servizo, fronte ao 12% en áreas urbanas, e só un 71,9% de fogares rurais contaban con banda larga ultrarrápida en 2022.
Sen dúbida, a conectividade é unha das pancas máis poderosas para lograr transformar o territorio e conseguir que o rural poida acceder a servizos dixitais, emprender, atraer talento e fixar poboación. Actualmente R lle dá servizo con fibra a 1,7 millóns de fogares e empresas en Galicia e cobre o 98% da poboación con 4G e o 95% con 5G.
Oportunidades de negocio no rural
Non hai dúbida de que o medio rural está cheo de oportunidades e a tecnoloxía debe ser a grande aliada que axude ao seu aproveitamento.
Por sectores económicos destaca especialmente o empurre do turismo rural. Xera aproximadamente 180.000 empregos directos e indirectos. Un tipo de turismo que, ademais, é menos estacional que o turismo de costa, e que axuda, á súa vez, á difusión e ao coñecemento do modo de vida rural.
Doutra banda, consolídanse plataformas de dixitalización e modernización agraria que, utilizando novas tecnoloxías, son capaces de reducir ata un 40% o uso de auga e fertilizantes, diminuíndo custos e mellorando a sostibilidade ambiental das explotacións.
A agricultura e gandería están a experimentar unha revolución tecnolóxica que mellora a súa competitividade e sostibilidade. O uso de drons para controlar en remoto cultivos multiplicouse nos últimos tres anos, mentres que a implementación de sistemas de agricultura de precisión xa abrangue o 23% da superficie cultivada. Un exemplo claro é a agricultura de precisión. Xunto a Orange, en R desenvolvemos casos de uso reais en Galicia, como o piloto con Agroamb en Lugo, onde avaliamos tecnoloxías 5G aplicadas ao sector agrogandeiro.
O medio rural ten tamén un enorme potencial para liderar a transición enerxética e a bioeconomía circular. Os proxectos de bioeconomía circular xa xeran máis de 80.000 empregos en zonas rurais e presentan taxas de crecemento anual superiores ao 15%.
Vendo estes datos, parece claro que a conectividade non é un fin en si mesmo senón o mellor medio para optimizar recursos, mellorar a produtividade, reducir o impacto ambiental e tomar decisións baseadas en datos. Desta maneira, o rural non só pode beneficiarse da tecnoloxía senón tamén liderar a súa aplicación. E en R apostamos por iso.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.
