Se es un mozo emprendedor este mércores, 6 de abril, tes unha cita na Cidade da Cultura.  Visanvis (axencia de comunicación online) e APDTIC (despacho especializado en dereito tecnolóxicos e audiovisual) organizan unhas xornadas gratuítas sobre márketing online e legalidade no emprendemento.

Velaquí información que che pode interesar:

Acelérate e descubre como despegar á hora de emprender

Cando: 6 de abril de 2016 de 17:00 h a 19:00 h

Onde: Cidade da Cultura

As xornadas comezarán cun relatorio de Jaime Cortizo que explicará como é posible comunicar de maneira visual. A continuación Diana Pardo e María Marqués,ofrecerán o seu punto de vista sobre marca persoal e o currículo.

O encargado de pechar as charlas será André Castelo Pichel, CEO de APDTIC, que ofrecerá un relatorio sobre os problemas xurídicos que atoparás no teu proxecto como: a protección dos datos persoais se tes unha páxina web, os riscos que entraña a perda da túa imaxe corporativa ou a protección do deseño e desenvolvemento da túa idea.

Para finalizar, terá lugar unha mesa redonda que incluirá un taller de fotografía e un encontro con emprendedores, co obxectivo de resolver dúbidas persoais.

Debes inscribirte nesta páxina para confirmar a túa asistencia. Deixámosche máis información aquí.

Iniciativas como esta permítenche coñecer a emprendedores como ti. Esperamos que poidas sacar partido a esta información, asistir ao evento e mesmo resolver as túas dúbidas.

Xa nos contarás ;)

Ah! e se colles notas, non esquezas utilizar nubeR para telas sempre a man.