Pequeno comercio, industria, banca, hostalería, turismo… dende todos os sectores requírense os servizos das compañías provedoras de tecnoloxía, sobre todo neste 2020 no que a mobilidade e o cambio na forma de consumo marcou o ritmo do negocio.

Expertos de diversas compañías provedoras de servizo reuníronse virtualmente nun encontro de Computing, en colaboración con Commvault, para falar dun sector que se está actualizando e que ten moito que ofrecer.

As redes de telecomunicacións, as solucións cloud e as ferramentas colaborativas foron a mellor medicina TIC para un mercado pandémico. Por esta razón, pese á freada no investimento que deron todas as empresas por mor da crise, o ámbito TI foi o que menos sufriu estes recortes.

A seguridade por diante

A preocupación pola seguridade estendeuse a todos os niveis. Solucións de backup de Office 365, de disaster recovery replicadas no centro de datos, de biometría e control de identidades nos dispositivos móbiles e unha longa lista de escudos virtuais blindaron a actividade duns empregados que están máis expostos e que operan nun perímetro máis aberto que nunca.

Estender redes VPN nun tempo récord foi a principal misión das operadoras nos últimos meses. As redes de datos integradas servíronse da virtualización, a nube, os data center definidos por software e os sistemas de replicación para crear un ecosistema dixital eficiente e seguro. Ademais da supervivencia do negocio, 'as empresas puideron comprobar como tecnoloxías como a nube lles permiten reorientar os recursos da xestión de infraestruturas á xeración de valor engadido', apuntou no encontro de Computing José Manuel García Fernández, Cloud Product Manager do Grupo Euskaltel.

'As empresas puideron comprobar como tecnoloxías como a nube lles permiten reorientar os recursos da xestión de infraestruturas á xeración de valor engadido', José Manuel García Fernández, Cloud Product Manager do Grupo Euskaltel

A especialización escala posicións

A estandarización da infraestrutura e a madurez dos modelos IaaS (infraestrutura como servizo) e PaaS (plataformas-aplicacións como servizo) fixerona que os provedores se centrasen en ofrecer produtos e servizos sectorizados, creando paquetes especializados válidos para cada cliente, xa que cada vez as compañías demandan máis solucións á marxe de estrutura TIC tradicional.

nube_hibrida_galicia_R

Xigantes tecnolóxicos, como Microsoft, Amazon ou Google teñen solucións que non están ao alcance de todas as empresas e, ademais, a complexidade de certas ferramentas conleva contratar a expertos para xestionalas, o que desanima a moitas compañías. Por este motivo é tan importante examinar a oferta do mercado e os casos de uso do cliente para elixir a mellor opción.

En R realizamos este exame enfocándonos en solucións de análises de datos, intelixencia artificial e machine learning, para o que creamos BAI Analytics, unha unidade de negocio específica con enxeñeiros especializados. Unha vez adquiridas pola compañía en cuestión, encargámonos de explotar e administrar a tecnoloxía que hai detrás destas solucións para que o cliente se despreocupe, pois para iso creamos un aloxamento de cargas especiais de Oracle, SAP HANA… poñendo ao dispor das empresas profesionais certificados nestas tecnoloxías.

A nube, omnipresente e omnipotente

Dende R vemos a nube pública como 'un data center próximo e xeoposicionado' e queremos transmitirvos esta visión aos clientes proporcionando 'solucións de conectividade privada á nube pública de maneira integrada, coma se fose unha sede máis da empresa', en palabras de José Manuel García Fernández. Neste sentido, concibimos os grandes provedores cloud, máis como aliados que como competidores, e dende hai tempo somos socio tecnolóxico de Microsoft Azure e centrámonos no crecemento de Office 365.

Estás interesado nas nosas solucións tecnolóxicas para empresas? Se queres saber máis, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co equipo da área comercial empresas.