Fai tan só dez anos, internet dependía dos datos orixinados polas persoas. Pero, dende 2016 os obxectos conectados superan á interconexión dos individuos.

Ademais, o 80% dos datos almacénanse en CPD'S e un 20% en dispositivos intelixentes, ao que sumamos o incremento continuo do uso de tecnoloxías emerxentes coma a Intelixencia Artificial, o cloud computing ou a IoT.

Así que o actual contexto implica un cambio de paradigma que obriga a redefinir os riscos, a problemática e os desafíos específicos nas solucións IoT dende o punto de vista do tratamento de datos persoais.

Porque cada vez son menos os datos persoais obtidos directamente do interesado e podemos falar dunha economía dos datos que fai visibles aqueles que antes non o eran e onde as analíticas multiplicaron a cantidade e os tipos a recoller.

Todo este ecosistema necesita mecanismos de control. O chamado Goberno do Dato considera aspectos de negocio e legais, organizativos e técnicos, e axuda a que traballen de forma conxunta e harmonizada.

A UE, pola súa banda, lidera unha estratexia da gobernanza coa vista posta nun mercado único dixital europeo con normativa específica.

Esta incipiente regulación conta cun claro enfoque antropocéntrico que sitúa a persoa en primeiro lugar e que camiña cara a unha sociedade empoderada polos datos, pero sempre contando cun marco xurídico sólido.

Un novo escenario para os datos

O que está claro é que o volume de datos actual non se pode analizar con métodos tradicionais, nin pola súa cantidade nin pola súa variedade nin por eficiencia.

Aí entran en xogo as solucións Big Data, as que vos axudarán ás organizacións a comprender mellor eses datos e tomar decisións fundamentadas ao revelar patróns invisibles, correlacións ocultas, tendencias do mercado ou preferencias dos clientes.

Só estas tecnoloxías son capaces de atender as chamadas 'V's' prioritarias: volume, variedade, velocidade, veracidade, variabilidade e valor.

En canto á súa dinámica na práctica, é importante entender que asistimos a unha interrelación de tres tecnoloxías: IoT é a que recompila; as técnicas de 'minería de datos' encárganse da analítica; e a IA realiza a explotación desas grandes cantidades de datos resultantes.

Arquitectura dun sistema Big Data

Un sistema Big Data completo pódese estruturar en cinco capas principais:

  • Fontes de datos
  • Almacenamento (en data lake ou almacéns distribuídos)
  • Procesamento por lotes ou en fluxos en tempo real
  • Análise: con capacidade de analítica en tempo real, a nivel de memoria ou masiva
  • Presentación e aplicación

Pero, como é lóxico nunha tecnoloxía disruptiva, o Big Data leva aparellados unha serie de riscos: os derivados da despersonalización e perfilado; da correcta identificación e aplicación dunha base de lexitimación conformé a normativa vixente; da asimetría de poder e orixe dos datos; do uso de metadatos; da animización incorrecta; da non limitación da finalidade; da falta de transparencia; da limitación do prazo de conservación; da necesidade de facer avaliación de impacto; do exercicio de dereitos; da falta de seguridade; ou nesgos, por exemplo, estatísticos ou culturais.

É por iso que se necesita coñecer e aplicar normativa clara que poida demostrar 'accountability'; é dicir, que vela pola ética, a equidade, a privacidade e a seguridade no tratamento masivo de datos, ademais de deseñar, desenvolver e utilizar dende unha óptica de xestión de riscos.

Con todo iso, poderedes aproveitar as múltiples vantaxes e potencialidades das solucións Big Data nas vosas organizacións sen descoidar o aspecto normativo.

O dato, o activo máis importante para unha empresa Data Driven

Hoxe todo deixa rastro dixital e é posible obter toda a información necesaria da organización. Os datos convertéronse no activo máis importante; todos poden ser convertidos en información e coñecemento e a súa explotación é clave para a optimización operativa e a xeración de novos ingresos.

Nas compañías Data Driven, o ecosistema Big Data axuda a mellorar, optimizar e automatizar os procesos, mellorar a toma de decisións e permite ás empresas manterse competitivas e ser actores relevantes na economía emerxente.

Que aspectos son claves para extraer valor e negocio dos datos?

  • Data Strategy ou definición de para que
  • Xestión e gobernanza ou como
  • Analítica e aproveitamento ou proxectos para a explotación do dato aplicando analítica e Intelixencia Artificial
  • Dixitalización e automatización

En concreto, a plataforma Big Data Mileva é unha estratexia moderna en torno ao dato que permite integrar toda a información dispoñible en tempo real. Os resultados son a obtención de novas pancas impulsoras do negocio e melloras tanto na toma de decisións como na calidade do servizo.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta coa nosa equipa da área Comercial Empresas.