Hoxe, o Black Friday está na fala da xente. Esta tradición americana que cruzou o charco con intención de quedar, supón o pistoletazo de saída das compras do Nadal.
Aínda que a día de hoxe se erixe como un dos días de maior consumo do ano, o Black Friday (venres negro) naceu como solución ao escaso volume de vendas que se xeraban nas grandes superficies estadounidenses despois do día de Acción de Grazas.
Aínda que cada vez estamos adoptando máis tradicións americanas o Black Friday, en Galicia non somos dos que máis gastamos.
Galicia é a terceira comunidade autónoma que menos gastará nesta data, cun gasto medio de 170€ por persoa, fronte aos 222€ de media en España. En todo caso, non está nada mal.
O 2017 os galegos fomos dos que menos gastamos. Con todo a tecnoloxía e a roupa non faltou nas nosas casas. Durante os últimos 5 anos a compra de roupa durante o Black Friday gañou moito peso. Pasou de representar un 8% das compras no 2016 a un 41,77% no 2017.
Black Friday para negocios e comerciosCada vez son máis os comercios e negocios que se apuntan á febre do Black Friday. Se aínda non te decidiches, aquí van tres vantaxes:
- Axúdache a anticipar e motivar o inicio das compras do Nadal no teu negocio.
- Aínda que o Black Friday o inventaron as grandes superficies, pode ser unha boa oportunidade para que o teu negocio gañe notoriedade.
- Aproveita para liquidar stocks.
Pensa ben as túas ofertas. Non fagas unha oferta porque a vexas noutra tenda. Dedica tempo para descubrir se é lóxica para o teu negocio. Non te precipites e non lances nunca ofertas que supoñan perdas para o teu negocio. Senta un segundo e anota nun papel as promocións que che resulten máis coherentes co teu negocio.
Contas con moitas alternativas como: cupóns de desconto para compras futuras, gastos de envíos gratuítos na túa tenda online, 10% de desconto sobre o total da compra final, descontos sobre pedidos superiores a 30 €, ofrecer un agasallo por realizar unha compra.
Non perdas os papeis no Black Friday e estuda o calendario para saber cales son as festividades clave para o teu negocio. Descontos a noite antes de Reis, rebaixas, promos para liquidar stocks de inverno ou verán, Cyber Monday, Single Day...
Prepárate ben. Antes de lanzarte á piscina cunha oferta ou unha promoción, estuda que implicacións terá desde que se inicie ata que acabe.
Debes definir claramente como funcionará, que políticas comerciais e de venda seguirá e, sobre todo, cando empeza e cando acaba. É importante que realices este traballo antes de comunicar calquera promoción. Doutro xeito, confundirás os teus clientes. Ademais, podes perder cartos se a comunicas de maneira ambigua.
Para saber que tes todo listo, antes de publicar calquera promoción, tes que repasala e compartila con outras persoas alleas ao teu negocio para detectar posibles erros.
Busca os medios máis adecuados para comunicar as túas ofertas. De nada serve que configures as túas promocións se non llo contas a ninguén. Utiliza as redes sociais, a túa web e prepara a túa tenda física para a ocasión.
Coida os teus clientes habituais, ofrécelles un código promocional antes de abrir as promocións.
Ofrecer ofertas e promocións no teu negocio pódeche axudar a motivar as vendas e gañar notoriedade. Pero lembra, antes de lanzarte pensa sempre en como afectarán as túas vendas e aos teus clientes.
Gif de tenor.com