A Intelixencia Artificial impulsa a innovación en todos os sectores; o das utilities non ía ser menos e xa se empeza a ver o incrible impacto que a IA pode ter en todos os puntos da cadea de valor de compañías que ofrecen servizos públicos como electricidade, gas, auga ou autopistas.
Aproveitando eficazmente a IA, a vosa empresa terá unha clara vantaxe estratéxica sobre outras que carecen dunha comprensión precisa dos procesos operativos e activos de produción. Os ciclos dos servizos básicos, o desafío dunha planificación de capital e os crecentes riscos operativos no sector das utilities son factores que fan que sexa máis importante que nunca tomar decisións máis intelixentes e eficientes. Coa IA e a aprendizaxe automática, as empresas poden ofrecer os rendementos que necesitan os investidores, mellorar a produtividade e xestionar os riscos convertendo gran parte dos datos xa recompilados en información útil e valiosa.
Son moitos os usos prácticos da IA no sector utilities, dende o ámbito da exploración ou produción de enerxía ata as actividades de refinería e comercialización:
- Reforzar a exploración e a produción, elaborando predicións de produción ou optimizando traballos de desenvolvemento.
- Supervisar operacións, mantemento e seguridade.
- Optimizar operacións downstream para a planificación da localización de descargas e vehículos ou a prevención da demanda de prezos e de almacenamento.
- Racionalizar operacións do negocio como o procesamento da linguaxe natural para facturas e cobranzas.
En R sabemos das moitas vantaxes que pode achegar a Intelixencia Artificial aplicada ao sector das utilities. Ademais, progresivamente, as propias empresas aprendedes a aproveitar os coñecementos e os datos integrados nas funcións e liñas de negocio ata convertervos en auténticas expertas capaces de desenvolver estratexias para produtos, canles e experiencia de cliente arredor da Intelixencia Artificial.
Sexa cal sexa o voso tamaño ou o grao de madurez dos vosos datos, en R podemos axudarvos a implantar con éxito soluciones de Intelixencia Artificial na vosa empresa de servizos co apoio do noso equipo especializado, BAI Analytics.
Mantén a túa empresa ao día con R. Se queres máis información sobre as nosas solucións tecnolóxicas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co equipo da área comercial Empresas.