A COVID-19 está a marcar un antes e un despois nas nosas vidas, nas nosas sociedades e nas nosas organizacións nun momento no que, por outra banda, a transformación dixital e as solucións de Intelixencia Artificial están sobre a mesa en moitas empresas. Neste contexto, antóllasenos esencial aproveitar os usos e as potencialidades dos diferentes tipos de intelixencia artificial na loita contra a pandemia, algo que xa se está facendo con bos resultados.
A día de hoxe, os servizos de Intelixencia Artificial xa se utilizaron para acelerar a secuenciación do xenoma, un dos primeiros pasos na procura dunha vacina efectiva; realizar diagnósticos e escáneres máis rápidos e con menor marxe de erro de pacientes con síntomas; e mesmo anticiparse á aparición ou á evolución dos focos.
A orixe da pandemia, vista a través de solucións de Intelixencia Artificial
Foi unha empresa de IA canadense a que primeiro alertou do virus, 9 días antes de que a OMS publicase a súa primeira alerta; fíxoo baseándose nuns 100 conxuntos de datos distintos provenientes de todo tipo de fontes e cunha capacidade que ningún humano podería igualar. Por tanto, sabemos que dende un primeiro momento se foi consciente da utilidade das solucións de intelixencia artificial ante un reto sanitario de grandes dimensións e desde entón os seus usos non deixaron de incrementarse e mellorarse.
O uso de aplicacións informáticas e estatísticas na biomedicina e na investigación é algo que se vén realizando hai tempo, e nesta mesma liña podemos enmarcar agora o uso da Intelixencia Artificial, cunha finalidade similar pero achegando resultando máis completos. Por exemplo, hai algoritmos de predición de encartado de proteínas que proporcionan aos científicos información adicional sobre como se propagan os virus nos que a IA ten gran capacidade e xa está a demostrar ademais o seu valor para desenvolver curas ou vacinas eficaces.
En moitos hospitais, especialmente en China, adestráronse modelos para detectar enfermidades respiratorias, como o coronavirus. Estes sistemas poden procesar centos de escaneos e obter resultados fiables en poucos segundos, no canto de en poucas horas, unha rapidez de diagnóstico especialmente relevante ante a avalancha de casos sospeitosos que se deben confirmar ou descartar en pouco tempo.
A loita contra a pandemia, un reto global de cooperación e intercambio de datos
A loita contra a pandemia esixe colaboración e cooperación, compartir o coñecemento xerado entre todos os sectores e a Intelixencia Artificial pon a disposición do conxunto da sociedade a súa capacidade de análise do dato. Como sempre, non só consiste en solicitar gran cantidade de información, tamén debemos ser capaces de analizala e de extraer da inxente cantidade de datos aqueles máis pertinentes para cada obxectivo concreto.
Para facernos unha idea, só en decembro de 2019 publicáronse preto de 2.000 traballos de investigación sobre os efectos do virus, os seus posibles tratamentos e a dinámica da pandemia. Todo un desafío para os modelos de IA, que demostran a súa capacidade para procesar toda esta documentación e obter a información máis relevante segundo se necesite, dende factores de risco en pacientes ata tratamentos, propiedades do virus ou esforzos na procura da vacina que xa foran estudados.
As capacidades de predición e análise, achegas fundamentais da IA
Controlar a evolución dos focos é outro dos grandes retos que temos para frear os efectos da pandemia e tamén hai modelos de Intelixencia Artificial para o rastrexo da propagación do virus e a detección das variables principais que inciden na velocidade de propagación, algúns dos cales se implementaron nalgunhas rexións de España.
Pola nosa banda, en R somos coñecedores das inmensas posibilidades que posúe a Intelixencia Artificial e levamos xa un tempo traballando en solucións de intelixencia aplicada para as vosas empresas co noso equipo especializado, BAI Analytics, pensado para cubrir as necesidades comerciais, tecnolóxicas e científicas desta nova capacidade.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións de Intelixencia Artificial para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área Comercial Empresas.