Neste contexto de rápida transformación dixital en que estamos inmersos, a formación e a aprendizaxe continua son determinantes para mellorar a produtividade e a eficiencia das vosas empresas.
A día de hoxe, son moitas as opcións formativas das que dispoñedes as empresas, tanto en formatos presenciais como virtuais, aínda que nos últimos tempos é a formación en liña, aquela que en termos xerais coñecemos como e-learning, a que se consolidou, a que continuamente se reinventa e desenvolve novas posibilidades.
Outro formato que despuntou nos últimos tempos é o microlearning ou microaprendizaxe, pílulas de contidos de moi curta duración. Parte dunha idea similar á dos coñecidos videotutoriais que podemos elaborar e compartir sobre diferentes temáticas, pero o microlearning é moito máis breve e pensado para dar resposta rápida a necesidades ou dúbidas moi concretas.
A formación en liña posúe unha serie de vantaxes moi valoradas a día de hoxe por empresas e empregados/as, como son a flexibilidade horaria, a posibilidade de conectarse dende calquera localización ou dispositivo, maior alcance, a non limitación de aforo e, xeralmente, menores custos.
O financiamento é determinante á hora de elixir a opción de formación máis adecuada para cada organización. Neste sentido, é interesante saber que todas as empresas podedes optar á formación bonificada: dispoñedes dun crédito anual para realizar cursos que depende das cotizacións realizadas no ano anterior e do tamaño do persoal, así como da cantidade total cotizada en concepto de Formación Profesional. En base a ese crédito, a empresa poderá beneficiarse dunha bonificación de ata o 100% dos custos que supoña a impartición de accións formativas.
En R queremos acompañarvos neste proceso de formación continua ofrecéndovos solucións que vos permitan optimizar os procesos de formación e xestión de persoas dentro da vosa estratexia global de transformación dixital. Hai un ano puxemos en marcha a ferramenta virtual #formaciónR en resposta á necesidade que tiñades de ampliar coñecementos dixitais na vosa empresa cunha formación en liña áxil e segura. Agora, na procura de contidos didácticos axeitados para que o voso negocio estea sempre ao día, aliámonos con FEMXA, entidade galega de formación con máis de 20 anos de experiencia no desenvolvemento de solucións en liña para empresas, co propósito de lanzar unha nova oferta formativa dixital, con máis de 80 cursos online de alto valor pedagóxico, deseño profesional, contidos de calidade e ata 100% bonificables. A nosa colaboradora encargarase de toda a xestión da bonificación con FUNDAE, para que só teñas que preocuparte de elixir o curso.
Ademais, ofrecémosvos a posibilidade de contar con contidos e-learningá medida, de tal xeito que se non atopades o curso que necesitades no noso catálogo podemos deseñar outro personalizado que se axuste exactamente ás necesidades da vosa empresa.
Con esta oferta formativa poñemos á vosa disposición unha ferramenta idónea para desenvolver o talento dos vosos equipos de traballo, motivando e aumentando a produtividade dos/as empregados/as a través de experiencias formativas dinámicas, interactivas e inspiradoras.
Se queres recibir máis información sobre a nosa plataforma e o noso catálogo formativo, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co noso equipo da área comercial Empresas.