O Plan de banda larga ultrarrápida posto en marcha pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) permitirá que a finais de 2018, un total de 81 polígonos de toda Galicia teñan acceso a internet con velocidade de ata 350 megas.
Rede de fibra óptica
R é o operador de telecomunicacións encargado de ofrecer unha cobertura de banda larga nos polígonos de Galicia na primeira actuación do Plan de Banda Larga do 2020 promovido pola AMTEGA.
En 2016 completouse o despregamento en 17 polígonos en toda Galicia. En 2017 cubriranse outros 30 e en 2018 os 34 restantes.
Estes polígonos poderán desfrutar de servizos de internet por fibra óptica con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba e cunha garantía de velocidade do 80% sen límite de descargas.
Servizos avanzados
Ademais R pon a disposición destas empresas dos polígonos solucións que axudarán a levar a cabo a súa transformación dixital, como son os servizos na nube, a videoconferencia, Internet das Cousas, entre outras.
Todas estos avances son posibles grazas ás redes FTTH (Metro, RFoG, GPON...), que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R.
Imaxe de Javier Quesada