Tirar de pano de mesa para pintar as túas ideas resulta poético cando lles explicas aos teus amigos como te converterás no próximo Steve Jobs. Con todo, se tiveses que anotar e ordenar cada unha delas en panos de papel, acabarías secando as túas bágoas con eles.
Organizar ideas de xeito simple e eficaz non é fácil. Pero non te preocupes, existen diferentes técnicas e ferramentas, como os mapas conceptuais e os blocs de notas virtuais que che poden servir de axuda.
Mapas conceptuais
Defínense así os diagramas e esquemas que se usan para representar e focalizar ideas, definir procesos ou realizar asociacións entre diferentes conceptos.
Non importa se lle estás a dar forma ao teu primeiro proxecto ou se xa tes parte do camiño andado. Segundo a ANEEE este tipo de mapas favorecen o aforro de tempo, a toma de decisións e a resolución de problemas. Polo que che poderían resultar útiles como ferramenta organizativa durante toda a túa andaina emprendedora.
En Internet existen numerosos exemplos de mapas conceptuais. Aquí deixámosvos tres deles:
Text 2 Mind Map
Text 2 Mind Map é unha das ferramentas máis sinxelas que podemos atopar. No lateral esquerdo da pantalla atopamos unha xanela na que colocaremos as nosas ideas en forma de esquema. Se fas click no botón Draw Mind Map, a web debuxa o mapa conceptual na pantalla.
A maior limitación desta ferramenta é que só se pode engadir texto, o que a converte nun recurso menos versátil que outras como Bubble.us ou MindNode.
Bubbl.us
Aínda que é de pago, Bubbl.us conta cunha versión gratuíta baixo subscrición para que poidas probala.
Con Bubbl podes gardar os mapas en HTML e mesmo compartilos e descargalos. Ademais, nas súas versións de pago podes engadir arquivos de vídeo e imaxe, crear copias de seguridade e mesmo adaptar os mapas á túa imaxe de marca.
MindNode 2
Dispoñible só en iTunes, esta aplicación de pago para crear mapas conceptuais é moi completa.
MindNode 2 permite crear diagramas adaptados a calquera idea que teñamos na cabeza. Ademais de texto podemos engadir imaxes, vídeos e comentarios sobre calquera peza do noso esquema. As nosas versións finais poden enviarse por correo, exportarse en .pdf, OPLM (un formato de XML), subirse á nube ou gardarse como unha foto en formato .png.
Aínda que MindNode é a aplicación máis completa, calquera delas che pode axudar a crear os teus primeiros mapas conceptuais co obxectivo de que ordenes as túas ideas.
Blocs de notas na nube
Os blocs de notas na nube son como os cadernos en papel que usamos desde nenos, pero co matiz de que están dixitalizadas e que podes levalas a calquera parte do mundo sen notar o mínimo peso na mochila.
Na rede existen centos de blocs para organizar as túas ideas ou realizar listas. Aquí deixámosvos dous eles:
Evernote
Evernote é un servizo fremium que permite ordenar documentos, notas de voz, imaxes, debuxos e realizar anotacións sobre a marcha do mesmo xeito que o facemos nun caderno en papel. Ademais, conta coa vantaxe de xeolocalizar as anotacións para que teñas en conta onde e cando se produciron.
A parte das súas funcionalidades, unha das maiores forzas de Evernote reside en que conta con app dispoñible en iOS, Android, Windows Phone e BlackBerry. Así como versión web e versións nativas para Windows e Mac.
A aplicación conta cun potente buscador e sistema de etiquetas para que sexa máis sinxelo atopar as túas notas. Ademais, para os amantes do papel sacaron, en colaboración con Moleskine, un caderno que se pode dixitalizar utilizando Evernote.
Google Keep
Google Keep é unha aplicación que permite crear diferentes tipos de notas de forma sinxela e rápida. Con esta ferramenta podes crear catro tipos de notas: só texto, listas, mensaxes de voz e notas con fotografías. Unha vez elaboradas, todas elas quedarán sincronizadas con Google Drive e á túa enteira disposición esteas onde esteas.
Para poder organizar mellor as túas notas podes asignarlles unha cor. Tamén podes localizalas de forma rápida grazas ao seu buscador.
Aínda que non chega a ser tan completa como Evernote, Google Keep cumpre o seu labor axudándote a organizar as túas tarefas de xeito simple.
Como ves, non descubrimos nada novo. Diagramas, esquemas e cadernos son coñecidos por todos. O que marca a diferenza é o colector para gardar as nosas ideas. Nun mercado tan global cada vez resulta máis importante que estean ordenadas e sexan accesibles desde calquera parte. Así chegado o momento, poderemos utilizar o noso móbilR para anotar ou recuperar o concepto que necesitemos.