Hoxe queremos comentarche algunha das vantaxes e funcionalidades que ofrece para o teu negocio ou empresa o servizo 3ollos R.
Como sabes, en 3ollos R tes distintos sensores que che permiten controlar todo o que queiras sobre o teu negocio. Facemos un repaso.
Detecta se hai fume
Se tes unha panadería, unha lavandería ou un negocio con moitas máquinas e che preocupa que haxa un incidente eléctrico, podes poñer un detector de fume. Configúrao para recibir unha alerta no teu móbil cando o sensor detecte fume.
Ademais, se o combinas cunha cámara HD, recibirás un vídeo no teu móbil ao momento para ver que sucede.
Mira quen entra ou sae
Se queres saber se alguén entrou no teu negocio, podes poñer sensor de portas. Así recibirás unha alerta no teu móbil cando haxa actividade.
Ademais, se o combinas cunha cámara HD poderás ver un vídeo con quen entra ou sae. Recibirás unha alerta se alguén entra a horas non previstas, ou ben poderás comprobar que o teu persoal entra no horario establecido.
Controla todo a distancia
Se queres acender ou apagar equipos eléctricos de forma remota, o que necesitas é un enchufe intelixente.
Dende o móbil, ordenador ou tablet, podes apagar os equipos que deixaches acendidos ao saír do traballo ou ben acender as luces, apagalas ou ben programalas para que cando alguén pase por diante do teu escaparate se acendan.
Comproba o consumo eléctrico
Se queres coñecer en todo momento o consumo eléctrico do teu negocio, necesitas un medidor de enerxía eléctrica.
Se ademais o combinas con enchufes intelixentes de 3ollos R, monitorizarás o consumo individual dos teus equipos e poderás apagalos se os deixas acendidos.
Este sensor mide en tempo real a potencia que estás a consumir, así como a acumulada que poderás comparar coa túa factura. E avísate se están a punto de saltar os plomos.
Detecta se hai auga
O detector de agua avísate se detecta pequenas fugas e inundacións, así como a ausencia de auga (por exemplo se tes unha piscifactoría). Úsao onde queiras e recibe alertas se pasa algo.
Podes utilizar o detector de auga para saber se baixou o nivel de líquido nun determinado recipiente.
Se tes algunha dúbida, quedamos por aquí á túa disposición para resolvela.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.