As orquestras galegas teñen verdadeiros fans que as seguen onde queiran que actúen. Creamos un calendario con todas as datas para que saibas onde actuarán as orquestras galegas en 2026 e poidas asistir a todas as verbenas da Orquestra Panorama, París de Noia, Combo Dominicano e Los Satélites.
Orquestra Panorama
A Orquestra Panorama estrea xira este ano chamada Time Tour 2026. Despois do parón do inverno, xa chegou a hora de volver a gozar das verbenas con arredor de vinte artistas e un espectáculo que dura sobre tres horas.
Queres saber onde actúa hoxe a Orquestra Panorama? A continuación podes atopar todas as datas e lugares onde podes ver á Panorama esta primavera.
Actuacións Orquestra Panorama abril 2026
Xa coñecemos as datas da Orquestra Panorama en abril 2026. Podes descargar o calendario aquí debaixo e deixámosche a listaxe a continuación.
- Mércores, 1 de abril 2026: Codeso, Boqueixón (A Coruña)
- Xoves, 2 de abril 2026: Ribadeo (Lugo)
- Venres, 3 de abril 2026: Caldas de Reis (Pontevedra)
- Sábado, 4 de abril 2026: Melide (A Coruña)
- Domingo, 5 de abril 2026: Padrón (A Coruña)
- Luns, 6 de abril 2026: Vale, Arcos de Valdevez (Portugal)
- Venres, 10 de abril 2026: Paradela, Meis (Pontevedra)
- Sábado, 11 de abril 2026: Nigoi, A Estrada (A Coruña)
- Domingo, 12 de abril 2026: San Miguel de Sarandón (A Coruña)
- Venres, 17 de abril 2026: Praza Augas Férreas (Lugo)
- Sábado, 18 de abril 2026: A Silva, Cerceda (A Coruña)
- Mércores, 22 de abril 2026: Aranda de Duero (Burgos)
- Venres, 24 de abril 2026: San Martín de la Vega (Madrid)
- Sábado, 25 de abril 2026: Vilches (Jaén)
- Domingo, 26 de abril 2026: Casar de Cáceres (Cáceres)
- Xoves, 30 de abril 2026: Paterna (Valencia)
Orquestra París de Noia
Unha das orquestras máis queridas das verbenas galegas é a Orquestra París de Noia. Este ano a Orquestra París de Noia actualiza o seu repertorio con cancións de artistas internacionais, así como de cantantes nacionais de todo tipo e para todos os gustos, para que non paremos de bailar.
Queres saber onde actúa a Orquestra París de Noia esta primavera? Podes atopar todas as datas e localizacións aquí.
Actuacións Orquestra París de Noia abril 2026
As datas e os lugares dos concertos en abril de 2026. Descarga e consulta o calendario da París de Noia en abril 2026.
- Xoves, 2 de abril 2026: Sigüeiro, Oroso (A Coruña)
- Venres, 3 de abril 2026: Meavia, Forcarei (Pontevedra)
- Sábado, 4 de abril 2026: Melide (A Coruña)
- Domingo, 5 de abril 2026: Os Vilares, Guitiriz (Lugo)
- Luns, 6 de abril 2026: Padrón (A Coruña)
- Venres, 10 de abril 2026: Nigoi, A Estrada (Pontevedra)
- Sábado, 11 de abril 2026: Paradela, Meis (Pontevedra)
- Luns, 13 de abril 2026: Tui (Pontevedra)
- Sábado, 18 de abril 2026: San Cibrao (Ourense)
- Venres, 24 de abril 2026: Noia (A Coruña)
- Sábado, 25 de abril 2026: Rioaveso, Vilalba (Lugo)
- Domingo, 26 de abril 2026: Ordes (A Coruña)
- Xoves, 30 de abril 2026: Alto do Castaño, Narón (A Coruña)
Orquestra El Combo Dominicano
A Orquestra Combo Dominicano arranca tempada con máis ganas que nunca. Tras cumplir 20 anos a pasada tempada, comeza o 2026 con forzas renovadas.
Queres saber as datas e os lugares onde a Orquestra Combo Dominicano actuará esta primavera? Aquí tes todas as súas actuacións para que non te perdas ningunha.
Actuacións Orquestra Combo Dominicano abril 2026
Estas son as datas do Combo Dominicano en abril 2026, para que non perdas a súa xira.
- Xoves, 2 de abril 2026: Caldas de Reis (Pontevedra)
- Venres, 3 de abril 2026: Maspalomas (Las Palmas)
- Sábado, 4 de abril 2026: Aldea de San Nicolás (Las Palmas)
- Venres, 10 de abril 2026: SF Morango KN, Lugo (Lugo)
Orquestra Los Satélites
A Orquestra Los Satélites fundouse en 1938 e nos seus case 90 anos de existencia, deleitou a varias xeracións de amantes das verbenas galegas. Hoxe en día, contan con músicos talentosos con ampla experiencia e talento musical, que dan vida a un repertorio constantemente actualizado para chegar a todos os públicos.
Queres saber onde actuará a Orquestra Los Satélites esta primavera? Aquí podes atopar todas as datas e lugares onde podes ver a Los Satélites.
Actuacións Orquestra Los Satélites abril 2026
Infórmate das actuacións da Orquestra Los Satélites en abril de 2026.
- Xoves, 2 de abril 2026: Vilaragunte, Paradela (Lugo)
- Venres, 3 de abril 2026: A Vila de Bares, Mañón (A Coruña)
- Sábado, 4 de abril 2026: Arcade, Soutomaior (Pontevedra)
- Domingo, 5 de abril 2026: Os Ánxeles, Melide (A Coruña)
- Luns, 6 de abril 2026: Padrón (A Coruña)
- Martes, 7 de abril 2026: Cacabelos (León)
- Venres, 10 de abril 2026: Boebre, Pontedeume (A Coruña)
- Sábado, 11 de abril 2026: Paradela, Meis (Pontevedra)
- Domingo, 12 de abril 2026: Tui (Pontevedra)
- Venres, 17 de abril 2026: Oñás, Oleiros (A Coruña)
- Sábado, 18 de abril 2026: San Xurxo de Lourenzá, Lourenzá (Lugo)
- Domingo, 19 de abril 2026: San Lourenzo de Nogueira, Meis (Pontevedra)
- Venres, 24 de abril 2026: Vilanova, Oleiros (A Coruña)
- Sábado, 25 de abril 2026: amas, Boqueixón (A Coruña)
- Domingo, 26 de abril 2026: Cereixo, A Estrada (Pontevedra)
- Xoves, 30 de abril 2026: Lubre, Bergondo (A Coruña)
Agardamos que este calendario das orquestras galegas de 2026 vos axude a gozar das verbenas máis espectaculares deste verán.
Iremos actualizando as datas e os lugares aquí.
Imaxe cabeceira: Orquestra Panorama.
