Explicámosche como funciona e como activar o control parental no deco 4K de R. Así poderás restrinxir certos contidos que non queres que os teus fillos e fillas vexan na televisión. Porque non sempre podemos estar ao seu lado cando acceden a series ou pelis da tele, o PIN parental axudarache a protexelos de contidos que non son adecuados para a súa idade.
Neste minititorial aprenderás a configurar o control parental no deco 4K de R. É rápido e moi sinxelo.
Como acceder ao control parental no deco 4K de R
Colle o mando 4K e pulsa o botón “Menú”. Desprázate pola barra superior ata chegar á opción “Axustes”.
Selecciona a sección “Control parental”.
Introduce o PIN para acceder ás opcións. Por defecto, esa clave en R é 1234. É dicir, que ese será o PIN que debas introducir a primeira vez que accedes ao control parental e que logo poderás cambiar.
Aí verás todas as opcións de configuración do control parental que tes á túa disposición. Explicámosche a continuación para que sirve cada unha.
Como activar o control parental en R
Unha vez introduciches o PIN do control parental, verás en pantalla unha primeira opción para activar esta opción no teu televisor.
Selecciona esa opción e verás dous botóns, un para activar e outro para desactivar o control parental.
Como seleccionar a idade de bloqueo parental
Dende o menú de axustes do control parental, verás o botón “Idade de bloqueo”. Ao entrar apareceranche en pantalla os rangos de idade que podes elixir para restrinxir contidos.
Como ves na imaxe, as opcións son: NR (non recomendado) menores de 7 anos, menores de 12 anos, menores de 16 anos, menores de 18 anos, bloqueo só de contido X para adultos e sen bloqueo.
Isto quere dicir que, se seleccionaches o bloqueo para menores de 7 anos, cando o teu fillo ou filla tente ver unha serie para maiores de 7 anos, mostraralle unha mensaxe de contido bloqueado e pedirá introducir o PIN do control parental.
Como bloquear canles no control parental de R
No menú do control parental do deco 4K de R verás a opción “Canles bloqueadas” e debaixo o número de canles que restrinxiches. Se non tes ningún, aparecerá o número 0.
Selecciona este botón “Canles bloqueadas” para restrinxir unha determinada canle que non queres que vexan os teus fillos e fillas.
Ao entrar, aparecerache a listaxe de canles que tes contratados na túa opción de televisión. Selecciona a canle que queres bloquear e pulsa a tecla “OK”. Podes facelo con todas as canles que queiras. Na pantalla verás diferentes iconas que che indicarán que canles están ou non bloqueadas.
Como activar o PIN parental para realizar compras
Para evitar que se realicen compras nunha determinada aplicación dende o deco 4K, podes activar a solicitude do código PIN.
Vai á opción “Protección de compras” nos axustes do control parental e pulsa o botón “Activado”.
Deste xeito, se alguén tenta realizar unha compra terá que introducir o código PIN.
Como cambiar o PIN do control parental no deco 4K de R
Como viches máis arriba, o código PIN por defecto para acceder ao control parental en R é 1234. Xa ves que é unha clave xenérica e recomendámosche cambiar dende os axustes.
Para iso, selecciona a opción “Cambio de PIN” e introduce o código actual. Se nunca o cambiaches será 1234. E, a continuación, teclea o novo PIN que queiras poñer ao control parental.
Así de fácil e útil.
Se che queda calquera dúbida, contáctanos e axudarémosche encantados.