Estás a pensar en estrear móbil este Nadal? Temos unha sorpresa para ti! Durante todo o mes de decembro, ao contratar un terminal móbil con R, levas de agasallo unha baliza LED V16 conectada, homologada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e obrigatoria a partir de xaneiro de 2026.

Si, si, estás a ler ben. Contrates o móbil que contrates, levas a baliza de agasallo. Só tes que indicar durante a contratación que che interesa e é túa.

Dúas balizas dispoñibles

En R temos dous modelos de balizas dispoñibles. En concreto:

- SOS Road Connected V16

- ZTE E1 V16

Ambas, por suposto, están homologadas pola DXT e teñen conectividade durante 12 anos, ata 2038.

Como conseguir a baliza conectada para o coche de regalo en R?

  • Contrata o teu novo móbil con R durante decembro.
  • Elixe entre os modelos dispoñibles no noso catálogo.
  • E leva a túa baliza conectada sen custo adicional!

Non deixes pasar esta oportunidade: estrea móbil e conduce coa tranquilidade de estar preparado para calquera imprevisto.

E tamén a levas con outros dispositivos

Se en lugar dun smartphone estás a pensar en contratar con R outro dispositivo, tamén tes a baliza.

É dicir, podes facerte con ela ao pillar unha tablet, un televisor, unha videoconsola, unha cafeteira ou ben outros dos nosos dispositivos electrónicos, todos perfectos para este Nadal.

Desta promoción, iso si, quedan excluídos os auriculares, as smartbands e os smartwatches.

Por que é importante esta baliza?

  • Substitúe os triángulos de emerxencia: máis segura e visible.
  • Conexión directa coa DXT para avisos SOS e localización.
  • Luz LED 360º para máxima visibilidade.
  • Cumpre a normativa que será obrigatoria desde o 1 de xaneiro de 2026.

Se estabas a pensar en comprar unha destas balizas e tamén en renovar o teu móbil para este Nadal, aprovéitache desta promoción. Lembra, iso si, pedirnos que che incluamos a baliza á hora de contratar o dispositivo ou móbil.

Corre porque a promoción está limitada a 1.500 unidades e a unha baliza por cliente. Despois non digas que non te avisamos 😉