O municipio do Rosal, na provincia de Pontevedra, xa dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas

Vimos de rematar as tarefas de despregamento da rede de fibra óptica no Rosal, aproveitando ao máximo as infraestruturas do devandito municipio pontevedrés. Así, preto de 670 residencias particulares e empresas do núcleo de Calvario e unhas 90 do núcleo do Couso están preparadas xa para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. A esta cantidade total de 760 fogares e negocios neses dous núcleos haberá que sumarlle outros 450 en xaneiro de 2020, co que serán máis de 1200 residencias e empresas conectadas a principios do ano que vén ás redes de nova xeración de R.

8 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia de Pontevedra como os de Cuntis, Combarro, Meaño, Pontecaldelas, Ribadumia e Tomiño, forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R foi adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co da provincia de Pontevedra, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo e Ourense e outro para a da Coruña.

E así, en Lugo quedaron conectados con este plan núcleos das localidades de Monterroso, Lourenzá, Palas de Rei e Barreiros, entre outros; na provincia de Ourense o municipio de Petín e na da Coruña outras zonas das localidades de Abegondo, Cerceda, Muros, Camariñas, Curtis, Ortigueira ou Porto do Son.

En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia de Pontevedra o investimento total rolda os 3,35 millóns de euros, dos cales 1,84 proceden dos fondos europeos.

65.000 novos fogares e empresas

En virtude destes proxectos adxudicados en 2016, cando se completen os despregamentos nas catro provincias galegas, uns 33.000 fogares e negocios das “zonas brancas” uniranse ao millón longo dos que hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. A maiores, outras 32.000 residencias particulares e empresas tamén quedarán conectadas ás redes de nova xeración de R ao remataren as actuacións dun segundo plan PEBA-Avanza adxudicado ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa o ano pasado para tamén achegarlles a tecnoloxía FTTH a diversas zonas da xeografía galega que nunca dispuxeran de accesos ultrarrápidos. Estes despregamentos, cun investimento adicional de 10 M€, están subvencionados ao 80% igualmente polos Fondos FEDER da Unión Europea.

Desta maneira, ao remate de ambos os dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 novos fogares e negocios quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

Servizos avanzados de R

Ademais deses accesos a internet con megavelocidades garantidas, as zonas activadas poderán desfrutar tamén do desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira. Así mesmo, os clientes de R serán quen de aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto, cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello do Rosal