Blog Mundo R - Página 18

Quecheparece

Mosteiros en Ourense: rutas e horarios para visitalos

O Camiño de Santiago foi un acicate máis para que dende hai séculos as ordes relixiosas se asentasen en Galicia. Grazas a iso, a nosa comunidade, e especialmente a provincia de Ourense, está chea de grandes mosteiros de gran riqueza arquitectónica e cultural. Recompilamos os principais mosteiros en Ourense para que poidas facer unha ruta e visitalos.

Quecheparece

Onde comer as mellores hamburguesas en Vigo

Es de burgers clásicas, hamburguesas gourmet ou prefires opcións máis innovadoras? Quizais propostas vexetarianas. Sexa cal for a túa preferencia, en Vigo atoparala. Aquí tes unha recompilación de locais nos que desfrutar das mellores hamburguesas en Vigo.

Quecheparece

Castelos en Galicia: castelos medievais, visitas…

A estas alturas, ninguén dubida da beleza e da variedade tanto do patrimonio natural como arquitectónico de Galicia. E se algún edificio chama a atención pola súa maxestosidade, son os castelos. Hoxe imos seleccionar para ti os principais castelos en Galicia, moitos medievais. Tamén che contamos os castelos en Galicia para visitar, porque na maioría podes entrar e, nalgúns casos, pasar unha noite entre os seus muros. Aquí atoparás os seus horarios e restricións.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas na televisión en outubro de 2024

Chegou outubro e o tempo do outono vaise facendo sentir. Todos pensamos na manta e no sofá para poder gozar da televisión que che ofrecemos en R. Chegan moitas novidades que non non podes deixar pasar. Podes gozar da canle Dark e da súa nova serie Hay algo en el bosque ou dos novos episodios de Evil – T4 na canle Syfy.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas na televisión en setembro de 2024

Setembro é o mes da volta á rutina, pero tamén dun novo comezo. É o momento perfecto para ver as novas tempadas, as mellores estreas ou as novas series para engancharte. Nas estreas de setembro na televisión que che ofrecemos en R tes variedade e calidade para comezar unha viaxe especial con novos ou vellos coñecidos: chega a primeira tempada de The Walking Dead: Daryl Dixon a AMC ou de The Penguin a MAX; Will Trent volve con novos episodios a Star Channel e Emily en París coa segunda parte da tempada 4 a Netflix.