As augas termais das Burgas son únicas en España. Como tamén o é a rede de fibra óptica máis moderna que hai agora en Galicia. Os veciños de Ourense teñen xa a oportunidade de contratar a mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con R.

Consultar cobertura de fibra en Ourense

Como é a oferta de fibra óptica en Ourense?

Consegue velocidades simétricas de ata 10 xigas, cuadriplica a cobertura wifi cun novo router, inclúe deco Android 4K e instalámoscho gratis. Así é a fibra máis avanzada do mercado que agora podes gozar en Ourense grazas a R.

  • Cobertura wifi máxima: pona a proba conectando á vez a túa tablet, móbil, consola, Smart TV... ata nos espazos máis afastados do router. E o resultado será o mesmo: cobertura e velocidade. Isto é o que permite a tecnoloxía wifi 6 universal do novo equipo que che instalaremos na casa sen custo, porque selecciona en cada momento a banda de frecuencia con mellor calidade.
  • Acceso a internet máis rápido: esta nova rede de fibra xa está preparada para darche ata 10 Gb simétricos de velocidade, é dicir, a mesma velocidade de subida e de baixada. Esa é a vantaxe de despregar fibra óptica ata o fogar (FTTH), fronte a outras fibras.
  • Televisión 4K: non fai falta que compres un televisor novo para conectalo a internet e poder descargar apps ou acceder directamente ás plataformas en streaming. A oferta de R inclúe a instalación gratis do deco Android 4K, que converte a túa tele en Smart TV.

E iso vénlle moi ben aos gamers da casa que xogan en liña. A rede máis moderna de Galicia conéctase aos servidores de gaming máis importantes e tamén a Twitch, para que mellorar a túa experiencia de xogo minimizando o retardo.

Suma á túa oferta de fibra unha tarifa de móbil

Para a túa comodidade e por prestacións, se combinas a túa oferta de fibra cunha ou varias tarifas de móbil de R terás todos os teus servizos unificados nun mesmo sitio.

Ademais, terás xigas ilimitados e a cobertura mellorada da rede de R, con máis antenas para chegar a todos os recunchos de Galicia e con tecnoloxía 5G para fales e navegues a máis velocidade.

Ver ofertas de fibra + móbil en Ourense

Como podes empezar a gozar de fibra e móbil en Ourense?

Pásate a R e contrata directamente esta fibra coas mellores prestacións que hai agora mesmo no mercado. Ademais das vantaxes que che contamos, na web mundo-r.com/fibramax tes todos os detalles.

Aos que xa sodes clientes de R en Ourense, non teredes que facer nada. Xa estamos a chamar para que o instalador vaia á vosa casa ou negocio a poñervos os novos equipos, o router e o deco 4K, sen ningún tipo de custo, gratis. Se queres que che prioricemos cando cheguemos á túa zona, déixanos os teus datos na web de fibra MAX.

Cal é a cobertura de fibra óptica en Ourense?

Agora mesmo xa está despregada a fibra óptica máis avanzada en preto de 33.000 fogares e empresas de Ourense. E seguimos sumando cada semana máis domicilios para que goces da fibra ata o fogar (FTTH) de R.

Que é a que nos permite darche servizos Internet de alta velocidade, moi superiores que o ADSL, por exemplo, ou outras fibras menos modernas.

E que, como ves, xa podes gozar en Ourense.

A capital termal de Galicia navega a máis velocidade

Quen nunca estivo en Ourense, queda pasmado literalmente coa experiencia de bañarse en pozas cuxa auga está a máis de 30 graos, aínda que fose chova ou trone.

As termas fan única á cidade bañada polo río Miño, que chama a atención polas espectaculares pontes que o atravesan.

Pero tamén a súa zona de viños, onde non comer un polbo é imperdoable, a Catedral de San Martiño e como non, tocar á auga termal da fonte monumental da Burga de Abaixo e a Burga de Arriba.

Hai un Ourense tradicional, que fai gala dos seus magostos e entroido, e un Ourense moderno, que dá un salto tecnolóxico cos servizos máis avanzados da internet por fibra óptica.

Unha rede de R que moi pronto chegará a todas as localidades de Galicia.

Imaxe de: Turismo de Ourense.