“Vivir na Coruña que bonito é”, porque ademais de “andar de parranda e durmir de pé”, agora conta coa rede de fibra óptica máis avanzada que hai no mercado. Se vives na Coruña xa podes contratar a mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados grazas a R.

Consultar cobertura de fibra na Coruña

Elixe a oferta de fibra óptica máis completa da Coruña

A diferenza doutras fibras e ofertas de ADSL, a rede máis moderna a nivel tecnolóxico de R dáche todo o que necesitas: navegar por Internet a máxima velocidade, datos móbiles, chamadas ilimitadas, televisión 4K... Vantaxes que xa podes atopar na Coruña, só con R.

  • Navega máis rápido: ata o de agora con outras fibras só chegabas a 2,5 xigas de baixada e 1,258 xigas de subida. Pero coa rede de R chegas ata os 10 Gb simétricos, a mesma velocidade de subida e baixada.
  • Cobertura wifi de máxima calidade e máis segura en todos os recunchos da túa casa: conecta varios dispositivos á vez con total tranquilidade, porque o wifi 6 da nosa oferta ofréceche 4 veces máis cobertura e velocidade para traballar, formarte, ver contidos en  streaming, xogar...
  • Xoga en liña sen retardo: precisamente se queres ter a experiencia de usuario/a máis rápida e sen lag, a tecnoloxía de R conéctase directamente cos mellores servidores de gaming.

E como che diciamos, a oferta de R é a máis completa da Coruña porque, ademais, inclúe o deco Android 4K para ver series e pelis en calidade 4 veces superior ao Full HD e coa mellor conexión a internet.

Engade xigas ilimitados á túa oferta de fibra

Contrata tamén a túa tarifa de móbil con R para que goces de xigas ilimitados, tripla cobertura e 5G.

Así terás todo na mesma factura ao mellor prezo.

Ver ofertas de fibra + móbil na Coruña

Cambia ou contrata fibra e móbil na Coruña

Se xa gozas dos servizos de R na Coruña, poñerémonos en contacto contigo para ir á túa casa para instalarche os novos equipos de forma gratuíta. Na web de fibra MAX podes solicitar o cambio.

E se aínda non es cliente de R, só tes que chamarnos para contratar na Coruña a fibra con mellores prestacións que atoparás no mercado.

Así de fácil e rápido, como a nosa fibra.

Cobertura de fibra óptica na Coruña

Na Coruña contamos coa maior rede de fibra óptica para darche servizos Internet de alta velocidade. Con conexión simétrica.

Ademais, tamén che ofrecemos televisión con canles en 4K, é dicir, oito veces máis calidade que a alta definición.

En concreto, na Coruña temos fibra ata o fogar (FTTH) despregada en máis de 86.000 vivendas e negocios da cidade herculina. De todos os xeitos, continuamos traballando para chegar a máis coruñeses e coruñesas.

Cando finalicemos as tarefas de mellora da nosa rede de fibra, quedarán con cobertura de fibra na Coruña uns 130.000 fogares e empresas.

A Coruña, o faro que guía a modernidade

É que a rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R está a modernizar a cidade herculina, situándoa á vangarda en infraestruturas de telecomunicacións.

Iso que de modernidade e ser pioneiros na Coruña saben un cacho. E se non que llo digan a María Pita 😉.

A heroína que preside a praza do Concello comparte protagonismo con outros emblemas da cidade, como a Torre de Hércules, o faro romano máis antigo en funcionamento do mundo.

As galerías da Mariña, a súa Cidade Vella ou o Monte de San Pedro, dende onde ver a mellor panorámica da Coruña, atraen cada ano a turistas e cruceiristas.

Porque o mar é, sen dúbida, o aceno de identidade da cidade na que ninguén é forasteiro.

E, ademais, están as nosas oficinas centrais 😉. Outro dos edificios máis emblemáticos da Coruña na Rúa Real.

Dende onde vimos de dar un salto tecnolóxico para que os coruñeses/as estean conectados a internet de alta velocidade.

Unha despregadura que dende R levaremos a todos os currunchos de Galicia.

Imaxe de: Torre de Hércules