Sabedes en que consisten as solucións de Intelixencia Artificial? E como se xestiona nelas a protección de datos?
Non hai dúbida de que nos atopamos ante un novo paradigma na captación, análise e explotación dos datos persoais. Todo se “datifica”, son visibles datos que antes non o eran, e, ademais, os datos monetízanse.
Neste contexto, hai que abordar os riscos, problemática e desafíos específicos en materia de protección de datos que cómpre teñan en conta as empresas desenvolvedoras/fabricantes e usuarias de solucións de Intelixencia Artificial.
O camiño cara unha Data Driven Company
Todos os sectores están a transformarse dixitalmente e incorporando solucións de Intelixencia Artificial.
Así, son clave as aplicacións en materia de fraude, tanto para a detección como para a prevención ou o prognóstico de perdas; en branqueo de capitais; en ciberdelitos, identificando e detendo ataques e ameazas; en finanzas, axudando a planificar orzamentos, automatizar gastos ou calculando probabilidades de falta de pagamento; en vendas e márketing, mediante as predicións de mercadorías ou rendibilidades e optimizando campañas e recursos; no transporte ou na cadea de subministración.
En calquera caso, o dato converteuse no activo máis importante da organización e todos os datos poden transformarse en información e coñecemento. Por tanto, a súa explotación é clave para a optimización operativa e a xeración de novos ingresos para a empresa.
Dende R expoñemos unha nova estratexia e modernización das arquitecturas de almacenamento para unha xestión moderna do dato que permite integrar toda a información dispoñible en tempo real. É dicir, orientando as empresas a converterse en Data Driven Company, para que deben atender catro aspectos fundamentais: Data Strategy (ou para que), Xestión e Goberno (ou como), Analítica e Aproveitamento (Data Science) e Dixitalización e Automatización.
A necesidade dun regulamento transversal que minimice riscos
O deseño, desenvolvemento e o uso de solucións IA implica riscos legais en canto a protección de datos. Unha cuestión que cada día adquire máis importancia vendo que as empresas con sistemas de intelixencia artificial aumentaron 1,3 puntos porcentuais no último ano e que a meta para 2025 é que unha de cada catro empresas españolas os incorporen xa na súa actividade.
Porque a IA é unha tecnoloxía rompedora que afecta lles afecta á privacidade e á protección de datos, pero tamén a outros dereitos fundamentais. Por iso a UE traballa cun enfoque normativo antropocéntrico que sitúa a persoa no primeiro lugar e cuxo obxectivo é que a sociedade europea conte cun marco xurídico sólido. É a UE quen lidera a estratexia do goberno cun grande investimento en datos, capacidades e infraestruturas, procurando o mercado único dixital europeo con normativa específica.
Por tanto, débese deseñar, desenvolver e utilizar a IA dende unha óptica de xestión de riscos e partindo da interrelación das tres tecnoloxías, xa que hai riscos transversais: IoT -como fonte de recompilación de datos-, a analítica e a explotación desa cada vez máis inxente cantidade de datos recompilados.
Outro aspecto para coidar especialmente é a ciberseguridade, xa que o despregamento masivo de dispositivos IoT aumenta a superficie de exposición e cada vez hai máis espazos que protexer.
A día de hoxe, podemos falar de varios tipos de IA: débil (ou especializada nunha área moi concreta), forte (con iniciativa propia, a máis parecida ao que faría un ser humano) e súper IA.
En canto aos principais riscos aos que nos enfrontamos, a atención céntrase naqueles derivados da toma de decisións baseadas soamente no tratamento automático; na minimización vinculada ao uso e abuso de datos non xustificados e sen control; na falta de transparencia e opacidade sobre que se está a facer realmente cos datos; e en erros estatísticos, culturais ou cognitivos que mesmo poden impactar sobre o dereito fundamental de igualdade e non discriminación de forma directa ou indirecta.
Coñecer as necesidades, os riscos e a normativa existente resulta imprescindible para aplicar con éxito a IA nas vosas organizacións.
En R contamos con experiencia en levar á práctica solucións de Intelixencia Artificial. Creamos BAI Analytics, unha iniciativa centrada en satisfacer a necesidade de empresas e organizacións de distintos tamaños para obter valor grazas ao uso das últimas ferramentas e prácticas de IA e á análise avanzada de datos.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.