As redes sociais convertéronse nun bo altofalante para facer chegar a túa mensaxe a un gran número de usuarios. E para que a presenza nestas redes sexa proveitosa e eficaz, convén definir uns obxectivos e unha estratexia clara.
O primeiro é pensar que redes son as máis apropiadas para a vosa empresa, polo tipo de produto ou servizo, en función do público ao que se dirixe... tendo en cuenta, ademais, os recursos dos que dispoñedes para atendelas. Sede realistas á hora de programar en cantas redes ides estar presentes e o número e frecuencia de publicacións previstas. Se tedes éxito, a vosa comunidade medrará, e cada vez haberá máis interaccións, o cal implicará maior dedicación e unha estratexia de atención ao cliente máis elaborada.
A día de hoxe existen innumerables opcións. Redes como Twitch, Reddit o TikTok teñen o seu propio espazo, pero nesta ocasión, imos centrarnos nas máis coñecidas e con maior número de usuarios.
Facebook. É unha das redes máis recoñecidas. Perfil ou páxina? Os perfís están pensados para conectar con amigos. Pero se tedes unha empresa, é mellor optar por crear unha páxina, tamén gratuíta, na que mostrar o teu negocio e sumar tantos fans como queiras. Ademais, as páxinas ofrécenche reportes con interesante información acerca dos teus potenciais clientes, como a idade ou a súa localización.
Instagram. É a rede máis visual, unha plataforma ideal para lles dar maior visibilidade aos teus produtos ou servizos a través de imaxes. Os seus reels de Instagram, que son clips de ata 60 segundos de vídeo, cos efectos e filtros que queiras, son contidos moi atraentes e compartidos polos usuarios.
Twitter. Os seus principais valores radican na inmediatez e na brevidade que impón a limitación de 280 caracteres. É o lugar perfecto para que as marcas lancedes produtos novos e esteades informadas en tempo real do que está a pasar no mundo e das tendencias máis recentes.
Youtube. A este sitio web ideado para compartir vídeos sóbense cada día millóns de contidos. Para unha empresa, dispoñer dunha canle propia é unha forma de forxar unha identidade e unha reputación dixital. Ademais, pode axudarvos a mellorar o posicionamento SEO dos vosos produtos e servizos e mesmo poderedes publicitar o voso negocio implementando anuncios na canle.
Linkedin. Esta rede social está centrada no ámbito profesional e empresarial. Ademais de posicionar a vosa marca, ofrece conexión directa con provedores e posibles clientes, e funciona como unha fantástica ferramenta para localizar talento e atopar perfís profesionais.
Independentemente da rede ou redes que elixades para vosa estratexia de márketing dixital, prestade especial atención a:
- O contido que publicades. Conciso, breve, orixinal, visualmente atractivo ou mesmo en formato vídeo, o preferido polos usuarios e cuxo consumo tende claramente á alza.
- O ton. Hai que adaptalo aos usos de cada rede social. En xeral, coloquial e amigable (máis formal en Linkedin), directo pero correcto, sen entrar en descualificacións ou batallas dialécticas que, case sen darvos conta, vos afasten da liña corporativa da empresa.
- Interacción. Chamade á participación activa dos usuarios e incluíde chamadas directas á acción. Os concursos, sorteos e enquisas son unha forma moi eficaz de captar a atención e sondar a potenciais clientes.
- Explorade todas as súas posibilidades. Non vos conformedes con publicar contidos. As redes sociais poden converterse nun fluído centro de atención dixital ao cliente, nunha plataforma de venda ou nun dinámico escaparate publicitario, xa que moitas delas danche a posiblidade de inserir anuncios.
As redes sociais son unha ferramenta indispensable nunha sociedade dixital habituada a comunicarse e a relacionarse de forma fluída e rápida a través de diferentes dispositivos, tempos e localizacións. Unha estratexia adecuada por parte da vosa empresa redundará en maior visibilidade, incremento de vendas e mellora da rendibilidade.