Xa está dispoñible o WhatsApp para empresas. Trátase dunha app de Android de pagamento (explicámolo abaixo) para empresas e negocios pequenos.

Os usuarios non deberán descargar ningunha aplicación nova para telo dispoñible, poderán seguir utilizando esta solución de mensaxería como sempre o fixeron.

WhatsApp Business

WhatsApp Business ou WhatsApp Negocios, que así se chama a nova app, ten como obxectivo principal que as compañías se comuniquen cos seus clientes dunha maneira transparente, eficaz e rápida. Esta app permite incluír a información esencial da túa empresa: descrición, dirección postal e electrónica, número de teléfono e páxina web.

Esta ferramenta permitirache ser máis rápido nas túas respostas, grazas ás plantillas persoais que inclúen mensaxes de benvida, de ausencia ou solucións a preguntas frecuentes.

Esta app tamén está dispoñible para versión pc e ten acceso a datos estatísticos para coñecer as mensaxes que foron leidos polos teus clientes.

Instalación

O proceso de instalación comeza coa descarga da app no teu móbil. Á hora de incluír un número de teléfono vai tomar por defecto o do terminal no que a estás descargando, pero podes incluír o teléfono fixo da túa empresa. Neste caso, para verificar o número recibirás unha chamada, en lugar dun SMS, co código correcto. E por último, debes pensar ben o nome co que queres aparecer neste servizo de mensaxería, xa que despois non se pode modificar.

widgetUnha vez feitos estes tres primeiros pasos debes completar a información do teu perfil en axustes. Aí debes incluír a túa imaxe de perfil, a túa dirección postal e localización nun mapa, categoría empresarial, horario comercial, correo electrónico e páxina web.

En axustes tamén poderás crear plantillas de mensaxes de benvida, de ausencia e respostas automáticas que che facilitarán o tempo de resposta.

widget

E unha vez feitos todos estes pasos xa estás en Whatsapp Business .

Perfil verificado e seguridade

Os ususarios saberán en todo momento que están a contactar cunha conta de WhastApp de empresa xa que o teu perfil así o indicará.

Está previso que máis adiante os perfís de empresa se verifiquen por parte do servizo de mensaxería. Isto farase cando se confirme que o número do perfil de empresa coincida co número da empresa ou negocio.

A nova app, ao ser específica para o mundo empresarial, contará con determinadas funcións e características definidas para conseguir os obxectivos comerciais de cada empresa. E seguro que xestionar as amplas bases de datos de clientes será moito máis sinxelo que ata o momento.

Cobro

Como Whatsapp ten máis de 1.500 millones de usuarios en todo el mundo, vai intentar sacarlle partido a través da versión para empresas. En primeiro lugar, o que farán é cobrar entre 40 e 80 céntimos por mensaxe (segundo o país), que envíes a cada cliente.

Ademais, se ofreces atención ao cliente, Whatsapp tamén che cobrará por cada mensaxe ou comentario que non respondas antes de 24 horas.

E para tranquilidade dos usuarios e clientes, os chats tamén estarán cifrados. E cando a un cliente non lle interese seguir unha comunicación por WhatsApp cunha empresa, con bloqueala será suficiente.

Ata a próxima!

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Imaxe de rawpixel. com