A Investigación Operativa está chamada a converterse nunha das mellores aliadas para aumentar a eficiencia do voso negocio ou empresa. Porque aplicada ao proceso de toma de decisións, axuda a dar respostas con maior velocidade e menor incerteza, usando para iso métodos analíticos avanzados e análises de datos.
Como podes aproveitar a Investigación Operativa no teu negocio?
A Investigación Operativa permite obter as mellores solucións para os problemas operativos e os de deseño explorando de forma rápida, intelixente e eficiente as solucións.
Así, coa Investigación Operativa podedes organizar asuntos loxísticos, de cálculo, planificacións ou mesmo saber como dimensionar unha nova liña de produto. Na práctica pode axudarvos, por exemplo, na redución de custos, na mellora da conta de resultados ou na diminución da necesidade de recursos.
A planificación da produción coa Investigación Operativa
Unha aplicación clásica das técnicas da Investigación Operativa é a resolución de problemas de planificación e programación da produción.
Neste escenario, permite desenvolver unha ferramenta que axuda na toma de decisións sobre temas como a secuencia de lotes, o seu tamaño ou os seus tempos de inicio e fin de paso polos procesos, de tal modo que poidades planificar as operacións con máis eficiencia e incrementar as entregas dos produtos en data.
En paralelo, redúcense os custos de produción e mesmo aumenta a capacidade de produción, ao poder aceptar un maior número de pedidos dos clientes.
As claves da automatización
A resposta está en acertar coas preguntas que o propio uso das técnicas de Investigación Operativa axuda a responder, ofrecendo a decisión adecuada para cada caso:
- Con que frecuencia debedes tomar as decisións?
- De onde podedes obter os datos necesarios para tomar as decisións?
- Onde almacenar os datos das decisións propostas?
- Como vai ter acceso o decisor ás solucións propostas?
- O decisor debe supervisar as decisións propostas?
A importancia de tomar decisións en tempo real
Unha das grandes vantaxes das decisións tomadas en base aos modelos de Investigación Operativa é que poden integrarse nos sistemas de información da vosa empresa e automatizarse para que se executen en tempo real; e todo iso sen necesitar supervisión do xestor. Así, pódese automatizar a actualización de todos os datos, a súa almacenaxe nos sistemas de información e a execución dos modelos para propoñer as mellores solucións de cada hora ou cada día.
Ademais, ao sumar a automatización dos procesos podedes conseguir o retorno do investimento en semanas ou meses. Para iso, hai dous aspectos fundamentais:
Aprovisionamento automatizado de puntos de venda. Redúcense custos loxísticos grazas a un algoritmo que se executa automaticamente e optimiza a xeración de pedidos, xa que transportamos máis produtos nos mesmos vehículos. Tamén se minimiza o tempo dedicado polos/as empregados/as a estimar, calcular e rexistrar as ordes de compra nos sistemas centrais da compañía.
Preparación automática de pedidos recibidos por comercio electrónico. Unha problemática habitual dos supermercados é que os tempos de resposta son maiores cando o persoal se ve sobrepasado polo incremento de pedidos en liña e envíos a domicilio. Mediante un modelo de picking (preparación de pedidos) automatizado, os/as empregados/as saben que e en que orde empaquetar, reducindo así tempos e recursos necesarios e incrementando a produtividade.
En R sabemos que a Investigación Operativa pode axudarvos a conseguir unha maior eficiencia operativa e a lles dar un mellor servizo aos/ás vosos/as clientes/as.
O noso equipo especializado en Intelixencia Artificial e Investigación Operativa, BAI Analytics, traballa cada día para asesorarvos sobre a mellor maneira de implantar con éxito servizos de Investigación Operativa na vosa empresa, sexa cal sexa o seu tamaño e o grao de madurez dos seus datos e dos seus sistemas de información.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario ou do teu asesor persoal.