Chegou o momento de levar a túa web a exame. Seguramente hai moito que non lle botas unha ollada ao deseño e usabilidade do teu portal, e probablemente haxa avances nestes campos que implicarán unha mellora.

Auditoría

O primeiro que tes que facer é unha auditoría á túa web, é dicir, localizar o que está correcto e se pode manter e o que hai que cambiar. Para facilitar esta tarefa podes seguir estes pasos básicos:

  • Revisar a redacción de toda a páxina para comprobar que exista coherencia nos textos, non haxa erratas e se manteña todo o estilo tipográfico.
  • Revisar as imaxes de toda a páxina para que cumpran os tamaños establecidos e teñan unha resolución óptima.
  • Revisar que todas as ligazóns están correctas e ligan cos sitios axeitados.

Unha vez feita a auditoría xa sabes o que tes que cambia. Lembra que debes buscar un equilibrio entre o contido, as imaxes e usabilidade do web.

Melloras

Á hora de facer os cambios para mellorar a túa páxina podes seguir estes consellos básicos:

  • Os textos deben ser sinxelos e non sobrecargar a web de información.
  • Os usuarios do web deben asociar a imaxe da túa empresa en todas as partes do web, é dicir, deben aparecer elementos da túa imaxe corporativa pero sen sobrecargar.
  • Inclúe os botóns das túas redes sociais, para levar máis directamente os usuarios aos seus perfís.
  • Inclúe a sección de contacto para que os usuarios poidan formular a súas consultas.
  • Realiza un deseño responsive, é dicir, que o deseño e tamaño da web se adapte cando se navegue a través de pc, móbil ou tablet.

SEO

Recorda que estes consellos son básicos, pero se tes que facer moitos moitos cambios, case que che compensa refacela de novo.

Para iso o mellor é que contrates a un equipo especializado en deseño web, que inclúa un redactor, un deseñador gráfico e non esquezas un especialista en SEO que xa sabes que o posicionamento é fundamental.

Ata a próxima!

Imaxe de rawpixel.com