Cada vez máis dependemos do noso teléfono móbil, e esta tendencia vai en aumento diariamente. Se compras dende o teu smartphone, controlas o teu exercicio físico e a túa dieta, por que non vas poder traballar dende o teu móbil?

Hoxe ímosche falar dunha serie de apps coas que poderás traballar dende o teu terminal que che facilitarán o traballo en equipo e que aforres tempo. Porque xa se sabe, o tempo é ouro!

Trello

Con esta ferramenta podes xestionar calquera tipo de proxecto evitando fíos de correos electrónicos interminables. Con Trello terás sempre toda a información do traballo actualizada por parte de todos os membros do equipo. Ademais, poderás incluír documentos, imaxes e vídeos e sincronizalos co Google Drive e o Dropbox. E o mellor de todo é que non é necesario que teñas conexión a internet para traballar con Trello, xa que, cada vez que o teu móbil se conecte á rede actualizarase a información nova que incluíches no proxecto.

Dispoñible para Android e iOS.

Trabajar desde tu móvil - Trello

When I work

Se es dos que traballas a quendas, e varían con frecuencia, necesitas When I work. Con esta ferramenta poderás organizarte segundo os teus horarios creando alertas que che notifiquen os cambios de quenda.

E se es o encargado de xestionar os recursos humanos da túa empresa ou negocio con esta aplicación poderás crear, actualizar e editar os horarios de traballo dos empregados e notificarllo. Sempre poderás consultar os seus horarios de todos os empregados e as táboas de tempo traballado.

Dispoñible para Android e iOS.

Invoice2go

Esta ferramenta permíteche crear orzamentos, facturas e informes de gastos dunha pequena empresa ou negocio. Podes sincronizar a ferramenta web de Invoice2go ou a app cos dispositivos que queiras para poder ter acceso aos datos necesario para emitir as facturas. Invoice2 go é unha ferramenta de pago que ofrece diferentes plans de pago que van dende 10,99€ ata os 33,99€.

Dispoñible para Android e iOS.

CamCard

Con CamCard podes escanear todos as túas tarxetas comerciais ou de visita, así non correrás o risco de perdelas e quedar sen os contactos dos teus novos clientes ou provedores . O software de CamCard recoñece os elementos do cartón e gárdao como un contacto co seu número de teléfono e titular. Ademais, recoñece a firma de correo electrónico, xera e recoñece os códigos QR e exporta arquivos excel, entre outras moitas outras funcións.

Dispoñible para Android e iOS.

Desk

Con Desk poderás xestionar as demandas dos clientes, independentemente de cal fose a canle que utilizaron para poñerse en contacto coa túa empresa (correo electrónica, teléfono, redes sociais,…). Con esta ferramenta poderás coidar os teus clientes, sen que se che esqueza ningunha xestión.

Dispoñible para Android e iOS.

Trabajar desde tu móvil - Desk

E ti, que ferramentas utilizas para traballar dende o teu móbil?

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe: https://unsplash.com/@rawpixel