Silvia Leal é experta internacional en tecnoloxía e tendencias de futuro e foi unha das relatoras das Xornadas Tecnolóxicas R 2025. Charlamos con ela sobre temas como as ameazas cibernéticas ou a cultura dixital.

Cales son as principais ameazas cibernéticas para as empresas no contexto actual?

Se falamos de ameazas cibernéticas, o que temos que mirar son os informes que as miden e a que nestes momentos está máis presente, no 55% dos casos, é o phising, subindo un 35% todos os anos. Despois teriamos os ataques de ransonware, que están nun 48%.

Pero a min preocúpanme moito todos eses ataques que teñen lugar a infraestruturas críticas, ataques a través de IoT ou, e vome parar aquí, os ataques silenciosos desas persoas que quedan dentro dos teus sistemas vixiando, que poden estar días, meses, anos controlando a organización, o que fas nela ou procurando información para a competencia.

Recomendacións e consellos para compatibilizar a ciberseguridade coa transformación dixital, a innovación e a implantación de tecnoloxías disruptivas como a IA.

Ao falar de ciberseguridade e de como serían eses consellos, eu daría os mesmos que coa dixitalización ou a innovación.

O primeiro é que non debemos ter medo; estamos nun mundo no que hai riscos e o que tes que facer é protexerte. Entón, medo fóra; hai que xestionalo con intelixencia.

O segundo, a formación. Paréceme que é importantísimo formarse continuamente porque tan só o 38% das organizacións teñen plans de formación continua no ámbito da ciberseguridade.

Silvia Leal: "Tan só o 38% das organizacións teñen plans de formación continua no ámbito da ciberseguridade"

E o terceiro, que para min é a clave, ter un bo compañeiro de viaxe. Se non tes a alguén que sabe disto, que te acompañe no procedemento, caerás nas trampas nas que caeron os demais.

Entrevista a Silvia Leal Jornadas Tecnológicas R 2025

Como pode converterse unha política de ciberseguridade empresarial nunha vantaxe competitiva?

Esta resposta é facilísima porque, nestes momentos, din as estatísticas que o 42% dos clientes deixan unha compañía despois de sufrir un ciberataque.

Entón, é unha vantaxe competitiva ter unha boa estratexia e unha operativa de ciberseguridade e presumir diso porque cando ataquen á competencia iranse contigo. Para min, esta é a clave, non só da supervivencia, senón da competitividade empresarial nestes momentos onde hai tantos riscos e tamén oportunidades.

Crees que as empresas están suficientemente preparadas, e concienciadas, para protexer a súa ciberseguridade?

Aquí, eu creo que hai que falar de datos. Nestes momentos, din as estatísticas que 6 de cada 10 empresas españolas de tamaño medio que sofren un ciberataque acaban pechando nun prazo que vai entre os 0 e os 6 meses.

Silvia Leal: "Seis de cada dez empresas de tamaño medio que sofren un ciberataque pechan en poucos meses"

Con todo, só o 45% dos CEOS o consideran algo estratéxico. Entón, eu creo que temos un longo e bo camiño por percorrer.

Entrevista a Silvia Leal Jornadas Tecnológicas R 2025

Dáselle á cultura dixital a importancia e o espazo que se merece tanto nas empresas como na sociedade en xeral?

Nestes momentos, o 95% dos ataques débense a erros humanos. E os erros humanos débense, entre outras cousas, a que as persoas non están ben preparadas ou non toman todo isto en serio. De feito, o 8% dos nosos empregados son responsables do 80% dos ataques.

Entón, como está a cultura dixital? Está claro que temos cousas por facer.

Cales son as tecnoloxías que máis están xa influíndo no noso día a día? E cales marcarán o noso futuro inmediato?

No noso día a día, inflúen xa en gran medida e dende hai tempo tecnoloxías como IoT ou IA. Eu non falaría xa da Intelixencia Artificial como o futuro; si da fusión da IA co resto de tecnoloxías, para min esa é a gran diferenza.

E tecnoloxías que nos van a marcar e que veñen con retos de ciberseguridade, pois estamos a falar de experiencias inmersivas. Só hai que ver onde están gastando o diñeiro os xigantes dixitais e están a investir nestas tecnoloxías.

E, por suposto, en canto se resolvan unha serie de cuestións, a computación cuántica.