O segmento sénior é un sector en pleno crecemento na sociedade actual. Hoxe en día, en Galicia hai máis de 700.000 persoas que superan os 65 anos. En 2050 estímase que representarán un terzo da poboación.
E é precisamente nesa franxa de idade onde máis incide a chamada fenda dixital. Aínda que máis do 60% dos séniors usan internet, a porcentaxe redúcese considerablemente a partir dos 75 anos. Fálase mesmo de desconexión dixital e de certa frustración na interacción cos medios dixitais, que parecen pensados unicamente para xente nova.
Isto supón un reto e unha oportunidade para as empresas, que cómpre focalicen en desenvolver procesos, canles ou apps, tendo en conta as persoas maiores para garantirlles unha formación dixital básica.
En R cremos que existe unha demanda de solucións e servizos que lles poden garantir apoio, entretemento e atendan as súas necesidades específicas, sen que isto supoña que deban perder autonomía ou renunciar a ela.
Neste contexto, a tecnoloxía convértese nun elemento de tranquilidade para o conxunto da familia e, en base a iso, en R poñemos á vosa disposición solucións tecnolóxicas personalizadas como parte esencial do telecoidado dos/as nosos/as maiores.
De feito, o noso é o único produto que integra á familia durante todo o proceso, facilitándolles aos seus membros a interacción cos seus/súas maiores e permitíndolles estar ao día con notificacións e eventos.
Como é a tecnoloxía sénior de R?
En R temos servizos competitivos e adaptados ás necesidades e á contorna actual mediante a colaboración. É dicir, somos provedores da tecnoloxía a través da cal as solucións dos nosos socios tecnolóxicos, empresas especializadas no segmento sénior, chegan ao/á usuario/a final.
E podemos facelo de varias maneiras: utilizando a nosa ampla oferta de solucións de conectividade dispoñibles ou integrando na nosa plataforma os servizos das propias compañías, o que vos evita ás empresas embarcarvos en desenvolvementos custosos e ciclos prolongados.
En calquera caso, contando co soporte que require cada unha das etapas e cunha solución tecnolóxica completa, a nivel de dispositivos, telecomunicacións e procesos.
Que ofrecemos?
• Familia ON. Isto quere dicir que a familia ten acceso inmediato a datos, alertas e incidencias.
• Comunicación tridireccional, que se traduce en liberdade e autonomía pero en compañía.
• Botón SOS, co que os/as maiores poderán pedir axuda con só pulsalo.
• Detección de caídas de maneira automática.
• Xeolocalización. Os/as maiores estarán sempre localizables se perdes o contacto.
• Control remoto de actividade. Un completo seguimento das pulsacións, horas de soño ou da distancia camiñada.
• Acceso a servizo médico a través de videochamada, sen ter que saír da casa.
• Notificación de eventos para estar sempre ao día de citas ou revisións.
• Axenda personalizada, cos contactos necesarios e importantes sempre á man.
Como se levan á práctica todos estes servizos?
A través de reloxos intelixentes,tabletas, apps, smartphones e/ou sensores do fogar conectados a través do servizo cloud, aos que se pode acceder dende calquera dispositivo.
Por exemplo, contamos cun reloxo intelixente autónomo que non require dunha liña móbil para funcionar. Dispón de conectividade propia, admite chamadas bidireccionais e conta cun botón SOS, atendido por unha compañía de servizos especializados na xestión de emerxencias que detecta caídas, controla remotamente actividade e permite a xeolocalización avanzada.
Temos tamén unha app para usuarios/as e coidadores/as, con axenda, xeolocalización e servizos adicionais de telemedicina.
Do mesmo xeito que ocorre coa nosa tableta, a aplicación lles dá acceso a solucións de telemedicina como as videoconferencias, e a mandos vocais con posibilidade de chamadas de auxilio e botón SOS.
Un papel esencial no telecoidado dos nosos maiores xógano os sensores, que poden instalarse en fogares onde viven persoas maiores soas que teñen certo grao de dependencia. Son sensores discretos, pois non invaden a privacidade do fogar e, mediante solucións baseadas en Intelixencia Artificial, aprenden da actividade habitual de cada domicilio para ser capaces de alertar ante situacións anómalas.
Para coidar dos/as nosos/as maiores, en R apostamos pola proximidade e as tecnoloxías dixitais que estean dispoñibles no fogar e que tamén poidan estalo fóra del. Porque o obxectivo fundamental é conservar a autonomía, a conectividade e a mobilidade dos séniors, ao tempo que a familia desfruta da tranquilidade que lle ofrece un telecoidado moi completo pero non invasivo da persoa maior. E a tecnoloxía é unha grande aliada para conseguilo.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.