Microsoft anunciou cambios na maneira en que ofrece e comercializa Teams dentro dos seus paquetes Microsoft 365 e Office 365. Un cambio no modelo de licenciamento que lles ofrece maior flexibilidade ás organizacións, permitíndolles elixir as ferramentas colaborativas que mellor se adapten ás súas necesidades. Agora poderás elixir entre Microsoft 365 con Teams ou Microsoft 365 sen Teams.
Dende o 1 de novembro de 2025, Microsoft eliminará os niveis de prezos e descontos graduais e aplicará unha nova estrutura de licenzas tanto en Europa como a nivel global. As suites empresariais que comercializará dividiranse en dúas modalidades: con Teams ou sen Teams. Isto permitiralles ás empresas elixir se desexan incluír a ferramenta de colaboración dentro das súas subscricións ou adquirila de forma independente.
A medida responde a un acordo alcanzado entre Microsoft e a Comisión Europea, tras unha investigación relacionada coa integración obrigatoria de Teams nas súas suites empresariais.
Agora, Microsoft 365 volverá ofrecerse con Teams ou sen Teams, e o/a cliente/a poderá elixir.
Desta maneira mellórase tamén a interoperabilidade con ferramentas de comunicación e colaboración de terceiros alternativas a Teams, como Zoom ou Slack. Os/as clientes/as poderán migrar os seus datos fóra de Teams para facilitar o uso doutras solucións. Además, as versións de Office 365 e de Microsoft 365 sen Teams comercializaranse a un prezo máis baixo e as que inclúan Teams non poderán igualalo nin melloralo.
En resumo, que implica para as empresas en Galicia este cambio na política de Teams?
Se xa es cliente/a de Microsoft 365, as túas subscricións actuais non se verán inmediatamente modificadas e as licenzas vixentes seguirán activas ata a súa renovación; é dicir, os cambios aplícanse ao renovar ou ao contratar novos/as usuarios/as ou licenzas.
Nese momento, poderás elixir incluír ou non incluír Teams no teu paquete durante os próximos 5 anos e sen perder ningunha oferta ou promoción para socios/as e partners da que estiveses a gozar, pois a partir de agora debe aplicarse tamén ás versións sen Teams.
Se estás pensando en renovar ou contratar novas licenzas dende o 1 de novembro de 2025, é recomendable que revises as necesidades específicas da túa empresa. Cantos/as usuarios/as usan realmente Teams? Por exemplo, seica hai departamentos que non o necesitan e poderían utilizar Microsoft 365 sen Teams, aforrando custos globais. Iso si, ten en conta que na versión sen Teams non están incluídos algúns dos servizos de colaboración indirectos de Teams, como videochamadas ou chats.
Se migras algúns usuarios/as á versión sen Teams, terás que xestionar licenzas mixtas (usuarios/as con Teams / usuarios/as sen Teams)
Se vas contratar Microsoft 365 pero non necesitas Teams, non tes por que contratalo. Así axustarás mellor o licenciamiento ás necesidades reais da túa empresa.
Se tes dúbidas, o mellor é contactar co teu partner Microsoft para que che informe de como aplicarán estes cambios na política de Teams.
En R Empresas asesorámoste para que tomes decisións informadas e adaptes a túa contorna colaborativa aos novos modelos de licenciamiento. Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.
