O programa de startups R está composto por varias empresas galegas do sector tecnolóxico e ten como obxectivo impulsar o seu crecemento. As súas miras están postas en áreas tecnolóxicas ou que teñan un alcance global. Hoxe imos falar de eccocar, unha empresa que forma parte de startups R e que ofrece solucións para compartir coches dentro dunha empresa ou organización.
Hai tres meses que lanzaron o seu produto ao mercado e a súa acollida está a ser moi boa. Ademais, acaban de participar na quinta edición do 4YFN, o espazo adicado ás startups no Mobile World Congress.
Tivemos a oportunidade de falar cun dos artífices de eccocar, Iván Luarca, que nos conta a traxectoria desta nova e exitosa empresa.
- Como nace eccocar?eccocar naceu como resposta ao uso ineficiente do que se fai a día de hoxe cos coches, que están parados o 95% do tempo.
A idea xurdiunos a Daniel e a min cando compartiamos piso en Madrid, despois de rematar a Universidade. Daniel tiña un coche que soamente empregaba unha vez ao mes para ir a Asturias para visitar os seus pais. E eu non tiña coche pero gustaríame poder dispoñer del para visitar a familia, xa que as conexións dos transporte público non eran moi boas.
Ante esta situación o que nos pensamos foi: e se eu puidera alugar o coche de Daniel cando o precisase.
A idea de mobilidade compartida comentámoslla a Fernando, que non dubidou en unirse á aventura. Despois duns meses de darlle forma a esta nova idea, Daniel, Fernando e máis eu coñecemos a Manu, que xa tiña experiencia en crear startups, e foi doado que se namorase da idea . Unha vez formado o equipo constitúese a empresa e iníciase a actividade.
Inicialmente eccocar enfócase como unha plataforma para que os particulares poidan compartir coche facilmente, pero co tempo a idea evoluciona en dar servizos de mobilidade compartida e xestión intelixente de frota a empresas, rent-a-cars e concesionarios.
- Que necesidade detectastes no mercado para ofrecer as vosas solucións?En España só o 15% de vehículos de frotas teñen algún tipo de telemetría, mentres que en Reino Unido o número ascende a case o 80%. Se non coñeces como se usan os teus coches e furgonetas, non podes saber cantos necesitas.
E as frotas xeralmente están moi sobredimensionadas e as empresas están a pagar moito máis do que deberían en mobilidade.
“Inicialmente eccocar enfócase como unha plataforma para que os particulares poidan compartir coche, evoluciona en servizos de mobilidade compartida e xestión intelixente de frota a empresas, rent-a-cars e concesionarios.”
- En que se pode beneficiar unha empresa co voso servizo?eccocar é unha solución moi completa, porque che permite monitorizar o uso da túa frota de automóbiles, mellor que os sistemas tradicionais, xa que non só monitoriza os datos do vehículos, se non tamén dos condutores.
Coñecerás como conduce cada empregado e pódense propoñer programas de gamificación, para premiar aos condutores máis eficientes e seguros. Deste xeito, poderás aforrar entre un 5% e un 10% do consumo de combustible.
Ademais, a través do Car Sharing, compartindo os vehículos, pódese reducir ao redor dun 30% a frota necesaria dunha empresa.
“A través do Car Sharing pódese reducir ao redor dun 30% a frota necesaria dunha empresa.”
- Que vos fai diferentes doutras plataformas?eccocar é unha solución única, que permite ás empresas reducir volume de frota e reducir consumo de combustible.
A redución de frota conséguese ao pasar do esquema “un coche para unha persoa” ao esquema “varios coches para varias persoas”. Coa nosa tecnoloxía coñecemos os picos de demanda e podemos entender cando é necesario ter un coche en renting ou en propiedade ou cando é preciso alugalo para períodos curtos.
Adicionalmente, coñecemos o consumo de todos os condutores e dos vehículos e podemos incluír plans de eco-condución que poden supoñer ata un 20% de aforro en combustible.
Por último, eccocar é unha ferramenta de grande axuda para que as empresas poidan facer unha transición cara á mobilidade eléctrica.
- Cal foi a súa evolución desde o seu lanzamento?Levamos tan só 3 meses co produto no mercado, pero xa temos pilotos con empresas do IBEX.
- Sodes un equipo moi novo e supoño que con moitas ideas. En que próximos pasos estades a traballar agora?Os pasos naturais para nós son consolidarnos en España, conectando o maior número de vehículos posibles para traer aforro ás empresas e facer a mobilidade empresarial máis sustentable.
Outro dos pasos é cuantificar o aforro e a redución de CO2, e logo levar o noso produto a outros países.
Actualmente tamén estamos a traballar para lanzar ao mercado un produto para concesionarios e empresas de aluguer de coche, que estará dispoñible durante o mes de marzo.
- Fostes unha das startups españolas elixidas para participar no 4YFN Awards 2018 do MWC18. Como foi a experiencia e o feedback que tivestes?O noso paso polos 4YFN Awards permitiunos coñecer moi de preto proxectos rompedores no sector móbil, así como ter a oportunidade de explicar o noso modelo de negocio en distintos momentos ao longo do Mobile World Congress. Para nós foi unha experiencia moi enriquecedora.
- Cal foi o motivo para entrar no programa de startups R?O programa de startups R permítenos coñecer de primeira man a evolución do sector das telecomunicacións para ofrecer outros servizos de IoT.
Agardamos poder colaborar nalgún proxecto de forma conxunta, xa que as necesidades que cubrimos aplican a calquera tamaño de frota.
“O programa de startups R permítenos coñecer de primeira man a evolución do sector das telecomunicacións para ofrecer outros servizos de IoT.”
- Que vos achegou este programa ata o momento?Ata o momento, iniciamos conversacións para executar a nosa solución na frota de R, así como os cartóns SIM de telefonía e datos gratis. Esperamos que só sexa o principio e poidamos formar parte do catálogo de produtos de R.
E dende R agardamos que así sexa e desexamos moitos éxitos a eccocar.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!