Hai unhas semanas Google lanzou en España a súa plataforma Startup with Google.
Trátase dunha web na que o xigante da internet pon a disposición de novas empresas e startups algunhas das súas ferramentas máis útiles.
O obxectivo desta plataforma é fomentar o coñecemento e a utilización de todas estas ferramentas, entre as que están G-Suite, Google Cloud, AdWords, Android e Google Play entre outras.
En setembro do pasado ano lanzouse esta mesma plataforma a nivel internacional, e a súa acollida está a ser moi boa por parte de diferentes empresas.
Como conseguir os teus obxectivos?
Startup with Google axúdache a alcanzar os obxectivos da túa empresa cando estás nas etapas iniciais de creación.
En primeiro lugar, tes que ter claro que é o que necesitas para comezar a túa andaina profesional: crear produtos, obter información valiosa e analítica, obter aloxamento e almacenamento, promocionar os teus produtos, etc.
Unha vez definido o que necesitas Google ofréceche as súas ferramentas para levar a cabo as túas tarefas. E seguro que che serán moi útiles.
Nesta plataforma tamén poderás coñecer como levar a cabo diferentes tarefas recomendadas á hora de crear unha nova empresa. Por exemplo, contratar aos profesionais perfectos, dirixir un equipo, obter financiamento, etc.
Comunidade Google
E que mellor forma de traballar, que facelo en equipo?
Google ofréceche a posibilidade de unirte ás súas comunidades de apoio e asesoramento de startups, de formar parte do seu programa de aceleradoras globais, de localizar unha comunidade de socios de Google e de participar en eventos de Startup with Google preto de ti.
Exemplos de boas prácticas
Startup with Google non soamente che ofrece as ferramentas necesarias e che indica como aplicalas. Tamén che mostra algúns casos de éxito de empresas que comezaron sendo unha startup e que hoxe en día son punteiras nos seus sectores.
É o caso de Fintonic, Cabify, Typeform ou Marfeel, que son exemplos de boas prácticas na xestión da súa creación como empresa.
Anímaste a probar Startup with Google? Xa nos contarás como está a ser a experiencia, pero podemos adiantar que será moi boa xa que o coñecemento o transmite quen máis sabe no mundo de todo .
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
Imaxe de unsplash.com/@arty_nyc