A realidade impón cambios a gran velocidade. Se isto xa era unha constante na tecnoloxía dos últimos anos, coa pandemia, ás empresas tocouvos pisar o acelerador a fondo para seguir traballando e ofrecendo os vosos servizos aos clientes coa maior normalidade.
Dende R apostamos con decisión polo teletraballo e, reforzando os nosos recursos e solucións colaborativas, entre todos conseguimos que se convertise nunha realidade que vos permitiu a moitas empresas manter a vosa actividade laboral de maneira segura e eficaz nesta época de COVID-19. Pero non sempre o teletraballo é unha opción, xa que hai actividades e sectores nos que non é posible desenvolver as tarefas a distancia, ou polo menos non sempre, e que requiren a presenza física nun determinado lugar ou servizo.
En R, como asesor tecnolóxico, o noso papel pasa por apoiarvos tamén nestes casos nos que se requiren solucións para o traballo presencial, pois a chamada 'nova normalidade' chega unida a demandas e solucións que procuran dar resposta ás necesidades de distanciamento social, normas de saúde e hixiene que agora marcan a actividade do día a día. É o momento de abordar solucións para o cálculo de persoas, control de accesos, arcos detectores, sistemas de descontaminación, rastrexo de persoas e distancia social, control da capacidade dos espazos ou móbiles lavables, entre outras.
En R ofrecémosvos un conxunto de solucións avanzadas que poderedes adaptar ás condicións particulares da vosa empresa para continuar coa actividade de maneira segura e eficaz.
Para empezar, puxemos en marcha unha plataforma de teleformación, webinars e contidos que ofrecen a mellor experiencia de usuario coa plataforma smartmobiles, coa que podedes deseñar a vosa propia estratexia de formación usando múltiples formatos (audio, pdf, ligazóns), integrable cos sistemas de xestión da vosa empresa, escalable, con posibilidade de validación biométrica e que mesmo pode interactuar con mecanismos de voz como Alexa.
Outras solucións que vos propoñemos son:
- Cámaras termográficas fixas e portátiles para detección de temperatura.
- Control de accesos con sensores de temperatura e detector de metais ou cálculo de persoas, con especial atención na actualidade ás ferramentas de recoñecemento facial, que contan cun amplo abanico de opcións e prezos que cremos son alcanzables para boa parte das empresas.
- Rastrexo de persoas e distancia social de cara a un espazo seguro e limpo para os teus clientes, empregados e provedores.
- Sistema de descontaminación con tecnoloxías antimicrobianas patentadas que conseguen a filtración química do aire protexendo ás persoas que se atopen nun lugar pechado.
- Control da capacidade dos espazos, medicións a tempo real da capacidade dos locais, coa xeración de alarmas cando se pasen os límites de seguridade establecidos, que poden realizar tamén unha analítica de datos que che permita coñecer mellor os comportamentos dos teus clientes e lanzar campañas de márketing.
Os novos protocolos de actuación sanitaria trouxéronnos tamén os móbiles lavables, unha proposta hixiénica e segura para algo tan cotián como un teléfono móbil, cuxa pantalla podemos chegar a tocar máis de 2.000 veces ao día, do que poucas veces estamos dispostos a prescindir e que precisamente por iso está exposto a todo tipo de contactos, superficies e contextos. Este tipo de móbiles posúen as certificacións IP requiridas que garanten que non sofren danos ao mergullalos en auga doce ou que poden ser limpados cunha toalliña impregnada lixeiramente en alcol. Mesmo dispoñemos de terminais que soportan auga salgada, augas xabonosas e xeles desinfectantes.
En definitiva, na nova era post-COVID as empresas podedes atopar múltiples solucións seguras para adaptar a vosa empresa á nova realidade, tanto no caso de solucións de traballo presencial como para o teletraballo.
Se queres recibir máis información, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor.