A forma en que as empresas interactuades cos/coas clientes/as e optimizades as vosas operacións cambiou en tempos de dixitalización. E unha das tendencias tecnolóxicas que máis interese suscita na actualidade son os chamados chatbots (literalmente, ‘chat robot’). En R ofrecémosvos diferentes solucións de chatbots ou callbotsque poderán responder ás vosas necesidades.

Nos últimos meses apréciase un grande interese, tanto na administración pública como en empresas privadas, pola implementación de chatbots ou callbots, aplicacións que utilizan a Intelixencia Artificial para conversar con clientes/as e usuarios/as.

Pero, a que se debe esta tendencia ao uso de chatbots? Enumeramos algúns dos seus principais beneficios.

Vantaxes do uso de chatbots nas empresas

  • Resposta inmediata a preguntas frecuentes: os chatbots poden proporcionar respostas rápidas e precisas a preguntas comúns, o cal mellora a satisfacción do/a usuario/a e afórralles tempo, tanto aos/ás clientes/as como á empresa.

  • Análise do/a cliente/a e produtos de maior demanda: os chatbots recompilan datos sobre as interaccións cos/coas clientes/as. Isto permítelles ás empresas analizar as consultas máis frecuentes e identificar patróns de comportamento e necesidades.

  • Rastrexo dos produtos ou servizos máis solicitados: información que resulta especialmente útil para a estratexia de vendas e márketing.

  • Redución de custos e dispoñibilidade 24/7: os chatbots son capaces de xestionar conversacións a grande escala sen esforzo, mesmo en horas de máxima intensidade, e sen incorrer en custos adicionais. Ademais, garanten que os/as clientes/as sempre teñan acceso á asistencia, independentemente da hora do día e do día da semana.

  • Mellora da experiencia do/a usuario/a: por unha banda, brindan respostas inmediatas e personalizadas, o cal aumenta a satisfacción do/a cliente/a e mellora a percepción da marca; por outro, a interacción cun chatbot ben deseñado pode ser tan fluída como falar cun axente humano, especialmente se utiliza técnicas de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) para comprender o contexto e as intencións do/a usuario/a.

Colaboración de R con socios tecnolóxicos especializados

En R somos coñecedores da utilidade e das vantaxes que lles achegan ás empresas os chatbots/callbots así que, a través de colaboracións con socios tecnolóxicosespecializados, poñemos á vosa disposición solucións actuais, integrais e personalizadas.

Como sempre, apostamos por empresas líderes no mercado para ofrecervos os servizos máis innovadores e competitivos. Nesta ocasión, aliámonos con empresas de referencia no desenvolvemento e a implantación de solucións de chatbots/callbots.

Inbenta

Inbenta é unha empresa de vangarda especializada en IA conversacional cuxos servizos de chat, procura, coñecemento ou instrutor/a dixital utilizan máis de 1.000 empresas de todo o mundo.

A solución de Inbenta céntrase en mellorar a experiencia do/a cliente/a mediante a automatización de conversacións e tarefas.

Utiliza Intelixencia Artificial para responder consultas con precisión e rapidez, reducindo así a necesidade de intervención humana. Intégrase con CRM e sistemas de facturación e é multilingüe, ofrecendo soporte en 35 idiomas.

A tecnoloxía de Inbenta tamén inclúe análise de sentimentos e capacidade de autoaprendizaxe, o que mellora a interacción con cada uso.

We humans

We humans é a primeira compañía española especializada no deseño, desenvolvemento e implementación de humanos/as dixitais personalizados/as con tecnoloxía de Intelixencia Artificial.

Estes Humanos/as Dixitais son quen de entender, moverse e expresarse como persoas reais. Tamén poden responder preguntas, reservar unha mesa, preparar un orzamento ou mesmo cobrar un servizo. Desta maneira, cada interacción co/coa cliente/a convértese nunha experiencia única.

Mintt

Mintt é un operador de telecomunicacións especializado en atención ao/á cliente/a a través de calquera canle (teléfono, voz IP, SMS, whatsapp, chat, chatbot, voicebot).

En concreto, o chatbot de Mintt ofrece unha solución versátil e personalizable para a atención ao/á cliente/a, con capacidades que abranguen dende a mensaxería proactiva ata a integración con sistemas de pago. Dispón de transferencia a axentes humanos para resolver problemas máis complexos e incorpora carruseis e botóns de resposta para axilizar a interacción web.

Aunoa

Aunoa é unha empresa especialista en Intelixencia Artificial conversacional e en deseñar chatbots á medida.

Estes chatbots personalizados melloran a experiencia do/a cliente/a mediante a interacción personalizada. Fusiona modelos de IA xenerativa cos seus propios modelos OpenSource. Ademais, ten unha escalabilidade eficiente en base ás necesidades dos/as clientes/as.

Permite conversacións a escala sen comprometer a experiencia de usuario/a. É multicanle, multi-integrada e multi-idioma. Ofrece unha plataforma "live chat" que utiliza modelos de PLN supervisados por lingüistas e psicólogos/as.

Todos estes chatbots son aplicacións avanzadas que permiten mellorar a eficiencia operativa, fortalecer a relación cos/coas clientes/as e axudarlle á empresa para manterse competitiva na era dixital. Sempre contarás tamén coa nosa experiencia e asesoramento integral para que apliques na túa empresa aquelas solucións innovadoras que mellor se adapten e respondan as túas necesidades.

Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.