A dixitalización e a conectividade foron esenciais durante a alerta sanitaria e en R e no Grupo Euskaltel ao completo cremos que tamén serán claves para apoiar a descarbonización da economía e o tránsito cara a unha sociedade máis sostible, saudable, xusta e resiliente, un obxectivo que sempre apoiamos a través da nosa Política de Responsabilidade Social Corporativa.
En liña con esta idea, sumámonos á 'Alianza por unha Recuperación Verde' (Green Recovery Alliance) que avoga por unha recuperación económica da Unión Europea máis sostible tras a COVID-19.
O 'Manifesto por unha recuperación económica sostible' apóiase no Pacto Verde Europeo (European Green Deal) como estratexia de crecemento baseada en tres puntos esenciais: dixitalización, descarbonización e resiliencia, entendendo que a competitividade e o medio ambiente van da man; é dicir, que se non hai sustentabilidade ambiental, non hai sustentabilidade económica ou social.
Todos os asinantes deste manifesto, entre os que hai empresas, institucións, ONGs, personalidades do ámbito público e privado e cidadáns anónimos, reclaman aos gobernos e aos líderes europeos que deseñen políticas que nos permitan transitar cara a unha economía e unha sociedade máis verdes, máis prósperas, saudables e sostibles no tempo.
A xestión ambiental de R e do Grupo
A Estratexia ambiental de Re do Grupo Euskaltel está aliñada coa Estratexia Ambiental Vasca de Desenvolvemento Sostible (2002-2020) e cos ODS do Pacto Mundial das Nacións Unidas. O noso compromiso nesta materia tamén se ve reflectido na adhesión á Declaración polo Clima de Global Compact e á iniciativa Comunidad#PorElClima.
Con estas bases xa asentadas, apostamos pola xestión responsable dos recursos e a economía circular como unha peza clave do proceso de operacións de R, primando a reutilización fronte á reciclaxe ou refugallo. Neste sentido, 2019 foi un ano clave na nosa política de reciclaxe: por unha banda, reutilizamos máis de 217.000 equipos, o que supón un 56% dos equipos de cliente instalados e, grazas aos nosos Plans de Redución de Emisións de CO2, reducimos nun 37,5% as emisións directas de GEI (gases de efecto invernadoiro) con respecto ao exercicio anterior.
Ademais, coincidindo coa crecente importancia que van adquirindo os servizos na nube, el Grupo levou a cabo, en colaboración con IHOBE-Agencia de Medio Ambiente do Goberno Vasco, un estudo que analiza o Ciclo de Vida do Datacenter Virtual de Euskaltel para identificar e mellorar os aspectos críticos do seu funcionamento e vida útil dende o punto de vista ambiental.
En R e no Grupo apostamos por realizar as nosas actividades co menor impacto ambiental, o que nos levou a que dende xullo de 2020 toda a electricidade que consumimos proceda 100% de fontes renovables.
Podes consultar aquí máis información sobre a nosa Política Social Corporativa.