En R, como galegas/os de pro, somos moi conscientes de todo o que representan as celebracións do Xacobeo na nosa terra. Trátase, entre outras moitas cousas, da vinculación coas raíces, coa cultura, coa sociedade na que nacemos e medramos. O Xacobeo, para nós, vai máis aló do acontecemento de interese excepcional e de simbolismo pleno que sen dúbida representa; o Xacobeo é Galicia, para os de aquí e para os que nos visitan.
Por iso, de novo este 2021 xubilar, abrímoslle a xanela do Ano Santo ao mundo, a quen queira vir coñecernos. Será un Xacobeo diferente, máis longo, adaptado a esas circunstancias extraordinarias que nos obrigaron a modificar a nosa forma de vida nos últimos meses. Pero celebrarase, que é o importante, e esta vez o seu percorrido estenderase ata o ano que vén.
Xusta correspondencia con Galicia
R sempre mantivo -e mantén- un compromiso inquebrantable con Galicia; e non podía obviar a súa presenza nunhas celebracións que, dalgunha maneira, permítenlle devolverlle á terra todo o que ela nos deu. É unha xusta correspondencia coa que seguiremos cumprindo sempre.
Por iso R xa é patrocinadora oficial do Xacobeo 2021-22. Hai un ano selamos a nosa colaboración no grande evento coas firmas do Conselleiro de Cultura e do Director Corporativo Empresas de R, ratificando a nosa vontade permanente de apoiar a Galicia no desenvolvemento de accións que poñan en valor o seu acervo cultural e social. Outras 30 empresas sumáronse ao patrocinio deste Xacobeo que, quizais máis que noutras ocasións, require o apoio de todos e todas para que a marca Galicia se siga fortalecendo dentro e fóra da comunidade malia a conxuntura da crise sanitaria, que o puxo todo máis difícil.
O último ano xubilar compostelán que celebramos foi en 2010, co que o Xacobeo 2021-22 chega tras 11 anos, o período máis longo de cadencia desta celebración ao longo dos séculos. Tamén dende as súas orixes é a primeira vez que se prolongará 2 anos consecutivos.
O Camiño de Santiago, primeira e principal ruta espiritual e cultural de Occidente e Patrimonio da Humanidade, é un dos vieiros de entrada directos para coñecer a cultura e a historia de Galicia. Contribuír á difusión universal deste legado non só o miramos en R como unha obriga, senón como unha achega imprescindible á nosa terra que nos enorgullece e nos honra.