Un WAF (Web Application Firewall) é un tipo de firewall (“cortafogos”) necesario para protexer as aplicacións web de ciberataques de seguridade informática. Filtra, monitorea e bloquea tráfico HTTP(s) malicioso.
Como funciona un WAF?
Un WAF rexistra e monitorea o tráfico. Escanea tanto o contido das solicitudes como o das respostas para detectar código malicioso.
É capaz de identificar solicitudes sospeitosas e proporcionar logs, reportes, alertas e estatísticas en tempo real sobre intentos de ataques.
Os WAF actuais usan tecnoloxías de análise e aprendizaxe automático para adaptarse ao tráfico normal e detectar anomalías.
O WAF colócase entre o/a cliente/a (usuario/a) e o servidor web. Ao despregar un WAF nunha aplicación web, funciona como un tipo de proxy inverso que deben atravesar quen accedan á páxina antes de chegar ao servidor.
Como implementar un WAF na vosa empresa
Un WAF dispón de parámetros personalizables que permiten definir regras específicas para bloquear ou permitir certo tráfico. Ademais, pódense axustar segundo a lóxica do negocio.
Ante unha ameaza detectada, pode comportarse de dúas maneiras diferentes:
• Modo detección, só controlando en remoto e rexistrando ameazas.
• Modo bloqueo, bloqueando automaticamente as ameazas detectadas.
A implementación dun WAF é flexible e pode estar baseada en hardware, software ou na nube.
Pódese integrar con outras ferramentas de seguridade, como SIEM ou sistemas antivirus e funcionar como unha capa adicional de seguridade.
Tipos de WAF
Existen varios tipos de WAF:
• WAF baseado en rede (Network-based): É máis rápido pero require hardware específico. Adóitase implementar en grandes empresas.
• WAF baseado en host (Host-based): Execútase no mesmo servidor que a aplicación e é flexible, aínda que consome recursos.
• WAF baseado na nube (Cloud-based): Trátase do WAF máis fácil de implementar. Do mantemento soe ocuparse o provedor.
Para que serve un WAF?
A súa utilidade e a súa eficacia son evidentes para a empresa:
• Protexe contra ataques comúns
• Detecta patróns típicos de ataques coñecidos
• Protexe datos sensibles
• Axuda ao cumprimento de normativas de seguridade
• Evita caídas de servizo por ataques
• Reduce riscos sen necesidade de modificar o código da aplicación