Hacking é a explotación de vulnerabilidades e a realización de actividades intrusivas, daniñas ou ameazadoras en dispositivos, redes ou sistemas informáticos de maneira non autorizada.
Quen leva a cabo o hacking é o hacker. Aínda que os/as que que utilizan os seus coñecementos e habilidades con fins delituosos son os/as máis coñecidos/as, non sempre é así. De feito, atopamos tres tipos diferentes de hackers: sombreiro branco (white hat), sombreiro gris (grey hat) e sombreiro negro (black hat).
Os motivos dos hackers de sombreiro branco son totalmente lexítimos, mentres que os hackers de sombreiro negro están detrás dos ataques máis perigosos.
Cales son os obxectivos do hacking
Detrás dos incontables tipos de hacking existentes hai, entre outros, motivos económicos, empresariais, ciberdelincuencia organizada ou causas sociais.
Estes son algúns dos principais obxectivos que se perseguen co hacking:
• Filtración de datos delicados ou información confidencial
• Roubo de identidade
• Vulneración, interrrupción ou bloqueo de sistemas
• Propagación de virus e malware
• Ciberespionaxe
O hacking utilízase tamén, ás veces, como medida de protesta da que se valen determinados colectivos ou asociacións para publicitar ou denunciar unha causa. O caso máis mediático é o de Anonymous.
"Hacking ético" na empresa
Doutra banda, hai un tipo especial de hacking, permitido pola empresa, chamado "hacking ético". É hacking de sombreiro branco e o seu obxectivo é identificar e tratar vulnerabilidades para así mellorar a ciberseguridade.
Os hackers éticos seguen un estrito código de conduta: actúan con permiso, non causan danos e manteñen a confidencialidade dos seus achados.
Estes hackeos con intencións útiles e non delituosas están a utilizarse cada vez máis nas empresas. Nestoutro post do noso blog explicámosche con detalle en que consiste o "hacking ético avanzado".
Primeiro hackeo e outros hackeos soados
O considerado primeiro hacker da internet, Robert Morris, lanzou en 1986 un ataque de denegación de servizo coñecido como o Morris Worm ("Gusano" de Morris) de 1986. A súa intención era poñer de manifesto as vulnerabilidades de seguridade pero o experimento saíu mal e fixeron falta varios días para reparar os danos ocasionados.
En 1999, as redes informáticas da NASA e do Departamento de Defensa dos EE.UU. foron hackeadas por un adolescente e víronse obrigadas a deter a súa actividade durante varias semanas.
En 2022, uns 77 millóns de usuarios de Sony PlayStation viron como as súas consolas permanecían hackeadas durante case un mes.
Un dos grandes servidores de correo mundiais, Yahoo, tamén sufriu un ataque masivo de hacking que puxo en perigo a privacidade de millóns de contas.