Se o teu negocio non conta cunha páxina web, perfís en redes sociais, factura electrónica, oficina virtual ou protección da rede informática para posibles intrusos, estás no momento exacto para dar o paso. En R axudámoste coa dixitalización da túa empresa, sexa ou non cliente, mediante o programa de axudas Dixital Toolkit ou ‘Kit Dixital’, co que poderás obter unha axuda de ata 12.000 € para conseguir ese obxectivo.
En que consiste o Programa Kit Dixital?
‘Kit Dixital’ é un programa que promove axudas ou subvencións económicas ofrecidas polo Goberno de España dentro da iniciativa Acelera peme. O seu propósito é o de facilitar a transformación dixital das pemes españolas ofrecendo servizos como o desenvolvemento de páxinas web, activación do comercio electrónico, xestión de redes sociais, xestión de clientes, factura electrónica, oficina virtual e ciberseguridade, entre outras moitas.
Estas axudas do programa ‘Kit Dixital’ proceden dos fondos europeos Next Generation EU, e contan cun orzamento superior a 3.000 millóns de euros, co que se pretende lles dar un impulso ás pemes españolas para a incorporación de solucións dixitais nos negocios.
Como te axudamos dende R co Kit Dixital?
O proceso de tramitación do ‘Kit Dixital’ pode parecer un pouco confuso pero non te preocupes, dende R axudarémoste, acompañándote durante todo o proceso de dixitalización da túa empresa. Primeiro, comprobaremos que cumpres os requisitos para obter o ‘Kit Dixital’ e, despois, realizaremos todos os trámites e a implantación por ti. Todo iso, dunha forma transparente e sen ningún custo extra:
- Non te preocupes polos trámites. Nós realizaremos a solicitude do ‘bono dixital’ cunha sinatura que nos autorice como representante voluntario. Encargarémonos de xestionar todo dende R ata que consigas o teu ‘bono dixital’.
- Dámosche asesoramento dixital. Asesorarémoste sobre as solucións dixitais necesarias para a túa empresa, conseguindo o maior beneficio das axudas do ‘Kit Dixital’.
- R será o teu ‘axente dixitalizador’. Dende R pensaremos nas solucións dixitais que máis se adapten á túa empresa. Encargarémonos da implantación e darémosche servizo ata o vencemento da axuda (12 meses), podendo alongarse ata cando ti queiras.
Como aproveitar as axudas do Programa ‘Kit Dixital’?
Hai que ter en conta que, dependendo do tamaño da empresa, poderase optar a un tipo de axuda ou a outra, en función dos 3 tramos de axuda que existen dentro do ‘Kit Dixital’, cun importe mínimo de 2.000 € e máximo de 12.000 €. Cando recibas o cupón dixital contarás cun tempo de seis meses para utilizalo en ata 5 servizos diferentes cun ano de vixencia.
- Ata 12.000 € de subvención para empresas de entre 10-49 empregados/as.
- Ata 6.000 € de subvención para empresas de entre 3-9 empregados/as
- Ata 2.000 € de subvención para empresas de entre 1-2 empregados/as.
As axudas dispoñibles no ‘Kit Dixital’ concederanse por orde de chegada das pemes interesadas ata que se esgoten os fondos. Aproveita esta oportunidade irrepetible deixándonos os teus datos, e dende R porémonos en contacto contigo para avanzar coa tramitación en canto se abra o prazo. Non o deixes escapar!