Dende R queremos axudarte no proceso da solicitude do bono, a tramitación das axudas e na implantación das solucións do Kit Dixital, e tamén che ofreceremos asesoramento dixital e resolveremos todas as dúbidas que che vaian xurdindo.
Por iso, recollemos as preguntas máis frecuentes sobre o Programa Kit Dixital que te axudarán a resolver as principais dúbidas ao respecto.
15 preguntas e respostas sobre o Kit Dixital
Kit dixital, que é?
O Kit Dixital ten como obxectivo implantar solucións dixitais para conseguir un avance no nivel de dixitalización grazas ás subvencións para PEMES dentro da iniciativa do Goberno de España.
Estas subvencións proceden dos fondos europeos NEXT GENERATION EU cun orzamento total de 3.000 millóns de euros.
Que hai que facer para conseguir as axudas do Kit Dixital?
Para conseguir os bonos, o primeiro paso sería rexistrarse na páxina de Acelera Peme, facer o test diagnóstico dixital e encher un formulario en liña onde terás que presentar documentación da túa empresa.
Se queres, en R podémonos facer cargo de todos eses trámites de xeito gratuíto, sendo o teu representante ante a Administración para todas as xestións ata que consigas o teu bono.
Cales son exactamente as axudas do Kit Dixital?
Segundo o tamaño do teu negocio, poderás obter unha axuda máxima cos seguintes orzamentos:
- Ata 12.000 € de subvención para empresas de entre 10-49 empregados/as
- Ata 6.000 € de subvención para empresas de entre 3-9 empregados/as
- Ata 2.000 € de subvención para empresas de entre 1-2 empregados/as
A axuda será entregada en formato bono e poderás trocalo nas solucións dixitais que se ofrecen ata esgotar o bono. Cada solución do Kit Dixital ten asignado un importe máximo segundo o número de empregados.
Cales son as solucións dixitais e cantas son?
O Kit Dixital ofrece 10 solucións dixitais: sitio web, comercio electrónico, xestión de redes sociais, business intelligence e analítica, xestión de clientes, de procesos, factura electrónica, servizos e ferramentas de Oficina Virtual, ciberseguridade e comunicacións seguras.
A axuda cubrirá todo o custo das solucións elixidas ou a miña empresa terá que pagar algo?
A axuda cubrirá o 100% do custo das solucións e dende a empresa só haberá que pagar o IVE. Con todo, se a solución elixida ten un custo maior ca o da axuda, terás que pagar a diferenza.
Como te imos axudar dende R no proceso de dixitalización?
Dende R queremos que todo o proceso sexa sinxelo, por iso acompañarémoste sen custos adicionais: axudarémoste coa tramitación do bono dixital, obterás asesoramento dixital e seremos o teu axente dixitalizador á hora de implantar as solucións dixitais que elixas.
Que requisitos debe ter a miña empresa para solicitar o bono do Kit Dixital?
A túa PEME deberá estar en situación de alta, non estar nunha situación de crise, estar ao corrente coas obrigacións con Facenda e a Seguridade Social, non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente da Comisión Europea, non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei Xeral de Subvencións, non obter outras axudas de minimis por importe superior a 200.000 euros nos últimos 3 anos e dispor de certificado electrónico válido.
Podo contratar calquera solución do Kit Dixital?
Si, ti elixes a solución que precisa o teu negocio. Terás que ter en conta que a solución elixida non estea xa implantada.
Cando recibirei a axuda?
Estímase que o bono se reciba en 15 días tras a tramitación.
Eu pago ao axente dixitalizador e a miña empresa recibe a axuda?
Non, tras recibir o bono cedes os dereitos de cobro ao axente dixitalizador, e este encargarase de facer as xestións e recibir o desembolso da axuda efectiva.
Durante canto tempo poderei beneficiarme da axuda?
O bono ten unha validez de seis meses para poder implantar a solución. Tras a implantación, dende R darémosche servizo durante 12 meses, a partir de aí se o desexas como provedor.
O bono do Kit Dixital ten data de caducidade?
Si, o bono ten unha data de vencemento. As empresas contan con 6 meses para trocalo dende a súa adquisición.
O bono pode ser solicitado por empresas de calquera sector?
Si, ningún sector foi excluído das devanditas axudas.
É posible ser axente dixitalizador e beneficiario?
Non, non é posible.
Cales son os gastos non subvencionados?
A conectividade e/ou os impostos ou servizos de consultoría, a adquisición de hardware, entre outros.
Hai pouco celebramos a primeira charla informativa sobre as axudas do Kit Dixital. Durante a devandita sesión, explicamos todos os detalles do programa. Se a perdiches, agora podes volver vela: