A transformación dixital implica cambios profundos na forma de operar, comunicarse e crear valor nas vosas empresas. Non se trata só de incorporar novas tecnoloxías, senón de repensar os procesos, as estratexias e as culturas empresariais para adaptarse ás demandas do mercado actual e futuro. E para que sexa eficiente hai que facelo de maneira global, cun enfoque de plataforma.
Sobre este tema falouse nun evento organizado por APD no que expertos de HSI Group, socio tecnolóxico de R, explicaron cal é o poder dos novos desenvolvementos da IA xenerativa con COPILOT, o papel de Power Platform como hub de transformación dixital e como xestionar a seguridade con Microsoft Purview.
O obxectivo: darlles aos asistentes unha visión global e unha guía de acción para facer fronte aos novos retos tecnolóxicos.
Retos tecnolóxicos das empresas ante a transformación dixital
A transformación dixital non é tarefa fácil. Un dos problemas máis habituais é que se afronta de maneira fragmentada, adoptando solucións dixitais para cada área ou departamento, sen ter unha visión global e integrada do negocio. Isto provoca ineficiencias, duplicidades, inconsistencias e dificultades para escalar e aproveitar todo o potencial da dixitalización.
Así que é necesario abordar a transformación dixital cun enfoque de plataforma, como Power Platform, que permita unha redefinición do conxunto da empresa e dos seus procesos cunha mirada global. Desta maneira pódense crear sinerxias, optimizar recursos, mellorar a colaboración e a innovación e ofrecer unha mellor experiencia a clientes/as e empregados/as.
Que é Power Platform
Power Platform é un conxunto de ferramentas de Microsoft que permite crear aplicacións, fluxos de traballo, informes e chatbots de forma rápida e sinxela, sen necesidade de coñecementos de programación.
Estas ferramentas son Power Apps, Power Automate, Power BI e Copilot Studio. Intégranse entre si e con outras solucións de Microsoft, como Office 365, Dynamics 365 ou Azure.
Power Platform permite automatizar e innovar os procesos empresariais de forma áxil e flexible, adaptándose ás túas necesidades específicas e ás dos teus/as túas clientes/as
Ademais, ao estar baseado na nube, ofrece unha alta seguridade, dispoñibilidade, escalabilidade e unha xestión centralizada e simplificada.
Que son os hubs e como impulsan a transformación dixital
Os hubs son unha forma de crear unha plataforma de automatización e innovación usando como base a tecnoloxía de Power Platform. Trátase de espazos de traballo colaborativos onde se poden deseñar, desenvolver, probar e despregar solucións dixitais. E podedes facelo de forma estandarizada e aliñada cos obxectivos do voso negocio.
Unha das súas grandes vantaxes é que permite crear o centro de transformación tomando como base un obxectivo ou rol concreto de negocio pero mantendo a xestión unificada e a conexión co resto de tecnoloxías ou áreas da empresa.
Segundo o ámbito ou o propósito, en cada empresa pode haber hubs de diferentes tipos: vendas, márketing, operacións... En todo caso, é importante que cada un deles teña un equipo multidisciplinar, unha metodoloxía áxil e unha gobernanza clara que asegure a calidade e o valor das solucións que se xeran.
Crear unha plataforma de transformación dixital con Power Platform
Unha forma fácil para iniciarse e comezar a crear unha plataforma de transformación dixital con Power Platform é contar cun asesoramento especializado que axude a entender e definir o mellor camino para facelo. É o caso de R e HSI Group, o noso socio tecnolóxico experto en transformación dixital.
Doutra banda, as pemes de entre 10 e 250 empregados/as que queiran impulsar a súa transformación dixital tamén poden beneficiarse das novas axudas do programa Kit Consulting. Ofrece ata 24.000 euros para contratar servizos de asesoramento especializado en materia de dixitalización. Para solicitalas só hai que contactar cun axente dixitalizador ou axente certificado, que será o responsable da guía e execución do proxecto.
Se queres saber máis sobre Power Platform, COPILOT e outras solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co/coa teu/túa asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn.