OneDrive é unha solución que che permite almacenar todos os teus arquivos e imaxes nun mesmo lugar, compartilos e colaborar na súa edición con outras persoas en tempo real.

Se tes contratado algún dos paquetes de Office 365 con R, podes comezar a utilizar OneDrive de forma gratuíta desde calquera lugar do mundo. A que esperas?

Vantaxes

OneDrive permíteche:

  • Almacenar todos os teus arquivos en mesmo lugar. Esta solución é compatible con 270 tipos de formatos de arquivo.
  • Compartir os arquivos e acceder a eles desde calquera dispositivo, PC, móbil ou tablet.
  • Editalos desde calquera dispositivo, PC, móbil ou tablet, unha vez que o creaches no teu computador.
  • Realizar cambios nos arquivos en tempo real e acceso ás diferentes versións dos arquivos.

Ademais, todos os teus arquivos estarán protexidos contra ransomware. Dese xeito, se ocorre calquera problema no teu PC, non os perderás .

OneDrive está dispoñible para Android, iOs e Windows Phone.

Como utilizar OneDrive?

Antes de comezar a utilizar OneDrive é recomendable que te vaias familiarizando con el. Para iso Microsoft preparou unha serie de titoriais nos que mostran diferentes accións que debes realizar con esta solución:

Office 365

Actualmente podes gozar de dúas opcións para contratar Office 365 con R, co mellor prezo do mercado:

Paquete Office 365 (por 9,9€/mes+IVE):
  • Word, Excel, Access, Power Point, OneNote e Outlook instalables en ata 5 dispositivos de cada tipo e accesibles vía web.
  • Exchange online: caixa de correos profesional de correo electrónico de 50 GB con interface web.
  • OneDrive: 1 TB de capacidade.
  • Skype para empresas, Yammer, SharePoint e Teams.
  • Posta en marcha e soporte para a migración do correo ata 3 caixas de correos.
  • Soporte técnico dende Galicia.
Paquete correo+nube (por 3,9€/mes+IVE):
  • Word, Excel, Power Point, OneNote e Outlook accesibles vía web (coas súas funcionalidades básicas).
  • Exchange online: caixa de correos profesional de correo electrónico de 50 GB con interface web.
  • OneDrive: 1 TB de capacidade.
  • Skype para empresas, Yammer, SharePoint e Teams.
  • Posta en marcha e soporte para a migración do correo ata 3 caixas de correos.
  • O noso soporte técnico desde Galicia.

Con calquera destes paquetes terás acceso ao noso soporte de atención telefónica gratuíta (24 horas ao día, os 7 días da semana). Se tes algún problema, con chamarnos ao 1446 xa nos tes (nada de chats noutras webs).

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram

Ata a próxima!