Na actualidade, contar cunha páxina web completa, visualmente atractiva e ben posicionada é indispensable. É o escaparate idóneo no que lles mostrar aos clientes, e aos que aínda non o son, o voso negocio, produtos e servizos.
O obxectivo é dispoñer na vosa empresa dunha identidade en liña que vos outorgue visibilidade en internet, apoiándose para iso nunha páxina web profesional, presenza en directorios e redes sociais e posicionamento en procuras relevantes.
Para iso, unha boa opción é crear unha páxina web profesional con dominio propio e amplo catálogo de produtos e servizos; canto mellor se ademais dispón dun deseño personalizado adaptado ás vosas necesidades e características, con novas, vídeos ou galerías de fotos e na que se poidan engadir datos de contacto como o voso correo electrónico, teléfono ou ligazóns aos vosos perfís de redes sociais.
Que beneficios lle achegará ao voso negocio?
En primeiro lugar, contaredes cunha imaxe profesional en internet a través dun sitio web que debe cumprir todos os criterios e estándares actualizados, estar optimizado para os principais buscadores e ser adaptable a todos os dispositivos (web responsive). Non esquezades que boa parte do tráfico que chegará á vosa páxina faino a partir de procuras por palabras clave na rede e que esa acción o usuario realízaa a través de pc, tablet, teléfono...
A vosa presenza en internet verase reforzada se os vosos perfís sociais corporativos se atopan nos principais directorios e redes sociais. Existen diversas ferramentas específicas para iso e, doutra banda, mediante o posicionamento SEO (Search Engine Optimization) o voso sitio web figurará nos primeiros postos de resultados de procuras relevantes para o negocio.
Ademais de contar cun deseño personalizado, é interesante tamén que traballedes opcións que vos farán diferentes, como contar cunha páxina multi-idioma ou coa capacidade de integrar formularios. En xeral, todo aquilo que resulte útil, práctico e de sinxelo uso para un usuario que valora especialmente a posibilidade de interacción.
Apostar por un espazo web diferenciado darálle un envorco á imaxe e presenza en internet da vosa peme.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas. Ademais, R axúdache a dixitalizar o teu negocio coas axudas do programa ‘Kit Dixital’.