Cando os hábitos dos/as consumidores/as cambian, cómpre que o márketing tamén o faga e buscar novas maneiras de chegar ao/á cliente/a. Así, aparecen novas tendencias, como o mattering, cuxo principio fundamental é establecer e consolidar unha conexión positiva cos/coas usuarios/as.
Actualmente poucas veces abonda con contar as características e beneficios dun servizo ou produto. Hai que ir un paso máis aló e establecer relacións estables e consolidadas co/coa cliente/a e xerar experiencias atractivas e convincentes.
As claves do "mattering"
As empresas teñen por diante un reto importante: demostrarlle aos seus/ás súas clientes/as que se lles valora e gañar a súa confianza.
Para iso, fai falta empatía e coñecer gustos, preferencias e necesidades; e sortear unha das maiores dificultades que atopa o márketing actualmente: os/as consumidores/as reciben infinidade de mensaxes simultáneas e diferentes a través de todo tipo de soportes. E é o/a usuario/a quen elixe e selecciona entre todos/as eles/as. Para calquera empresa, ser a elixida non é fácil e esixe un traballo arduo e continuo.
Un dos aspectos máis valorados pola clientela é a personalización. Non atraen as mensaxes masivas coas que cada vez menos consumidores/as se senten representados/as e identificados/as.
Nin tampouco a opacidade. A transparencia achega proximidade e credibilidade e propicia o achegamento entre empresa e consumidor/a.
Outro consello do mattering é non deixarse levar pola necesidade de inmediatez. Unha relación duradeira non se establece dun día para outro senón que se pode facer esperar; os obxectivos (e os beneficios) son a medio ou mesmo a longo prazo.
Tampouco se debería apostar por unha única mensaxe. Sen chegar a saturar, pero convén probar diferentes opcións e posibilidades. Desta maneira, vanse coñecendo mellor mercado e cliente/a e vaise consolidando tamén unha relación fluída, de atención e fidelidade.
O compromiso e a responsabilidade social das empresas gañan importancia
O outro factor determinante do mattering é a importancia do impacto social positivo da marca. O/a consumidor/a actual quere unha empresa que lle sexa útil á sociedade, que respecte os seus valores e non só se preocupe das súas cifras de negocio. É dicir, valores como a integridade, a responsabilidade ou a sostibilidade convertéronse en fundamentais.
As enquisas cifran nunha amplísima porcentaxe os/as consumidores/as que priorizan que as empresas actúen de maneira ética e honesta e a súa preferencia por firmas con compromiso social e ambiental.
Ademais, o aspecto emocional xoga un papel determinante nas relacións entre público e empresa, especialmente entre os máis novos. Hai unha crecente tendencia a buscar empresas cuxa forma de facer e comunicar as cousas encaixe cos nosos ideais. O público actual quere produtos que expresen a súa personalidade e lles proporcionen benestar en todos os aspectos (físico, mental, persoal).
Beneficios do "mattering" para as empresas
Aínda que introducir conceptos como o mattering nas estratexias de márketing e vendas dunha empresa necesita tempo e recursos, os beneficios son indiscutibles:
• Potenciación e mellora a imaxe de marca
• Capacidade de personalización e atención ao detalle
• Satisfacción e fidelización do/a cliente/a
• Eficiencia operativa en áreas de márketing e vendas
• Aforro en custos de márketing e publicidade a medio e longo prazo
• Incremento de clientes e/ou vendas
• Máis alternativas para a innovación en novos produtos e servizos
• Mellor coñecemento do mercado
• Aumento da motivación e da satisfacción para os equipos humanos da empresa, que ven o seu
esforzo recompensado e valorado
• Gañar en competitividade fronte á (numerosa) competencia
Para conseguir estes resultados, a tecnoloxía é unha grande aliada como vehículo de comunicación e para a recompilación de información útil. Grazas a solucións avanzadas para o Data Analysis como as que temos en R, a empresa pode dispoñer, por exemplo, de información detallada e en tempo real sobre tendencias, comportamentos e necesidades dos consumidores ou do mercado.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor/a persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias séguenos en LinkedIn.